Categorías: Actualidade

A Xunta elude comprometerse coa rehabilitación do Templo Votivo do Mar de Panxón, obra cume de Antonio Palacios

A deputada socialista Leticia Gallego denuncia a “inacción” do goberno galego que anunciou hai 13 anos a redacción dun proxecto de rehabilitación do inmoble, pero non executou nada: “como sigan así, os danos serán irreparables”

A Xunta eludiu comprometerse coa rehabilitación do Templo Votivo do Mar de Panxón, no Concello de Nigrán, obra cume de Antonio Palacios. Ocorreu hoxe, na Comisión de Cultura do Parlamento de Galicia, onde a directora xeral de Patrimonio Cultural rexeitou levar a cabo a súa rehabilitación, despois dunha pregunta oral da deputada socialista Leticia Gallego na que pedía a rehabilitación deste inmoble.

A vicevoceira do PSdeG na Cámara galega denunciou a “inacción” da Xunta que anunciou hai 13 anos a redacción dun proxecto de rehabilitación do inmoble, pero non executou nada. “Como sigan así, os danos serán irreparables”, advertiu Gallego, tras incidir no deterioro “alarmante” que ten un conxunto arquitectónico que leva 85 anos en pé.

“Dende a Dirección Xeral de Patrimonio deberían actuar urxentemente”, subliñou a dirixente socialista, quen sinalou que o bispado de Tui-Vigo, malia acometer obras no edificio hai uns anos, “declárase incapaz de asumir o custo dunha intervención que debería ser profunda e imprescindible”.

Neste sentido, a socialista lembrou que, no ano 2009, o Grupo Parlamentario Socialista xa levou unha proposición non de lei á Cámara galega que fora aprobada por unanimidade e onde se instaba á Xunta a rehabilitar a igrexa, pero, incidiu, “non se cumpriu este acordo parlamentario, como xa ven sendo normal por parte do goberno de Feijóo”.

Cando “chove sobre mollado”, Gallego urxiu ao goberno galego “que pase dos ditos aos feitos”, xa que o Templo Votivo do Mar “ten o suficiente valor arquitectónico pola seguridade dentro da obra de Antonio Palacios como para que a Xunta colabore na súa rehabilitación”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29