O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, esixiu hoxe a intervención da Xunta con “tódolos mecanismos de que dispón a Vicepresidencia de Economía e Industria”, co Igape á cabeza, para salvar a continuidade da planta de Siemens – Gamesa en As Somozas. Seco presentou unha pregunta oral hoxe en Comisión ante a perda de carga de traballo na fábrica de palas, que quedará sen pedidos a final de ano.
Martín Seco acusou ao goberno galego de “botar balóns fora” cando “trátase dun tema puro de deslocalización e de mobilización dos recursos de Industria para intentar que continúen coa fabricación en Ferrolterra”. Criticou que “como o vicepresidente Conde non ten a quen pasarlle a pelota, e xa sen a desculpa da tarifa eléctrica, intenta pasar de perfil logo de meses negándose a reunirse cos traballadores da factoría”.
Advertiu que o Comité de Empresa ten serias dúbidas de cara a novos despidos, polo que urxiulle á Consellería que se reúna cos traballadores, que “lles fale á cara, e lles expliquen se estan a facer algo por manter a actividade”.
Criticou a “incerteza” provocada polo goberno galego, máxime cando o presidente da Xunta anunciaba nos medios de comunicación 108 proxectos para optar aos fondos de reconstrución da UE, pero “non aparece nada para o sector eólico” no que se move a empresa. Sinalou que “podería ser un eixo para ancorar a fabricación que se desenvolver no noso territorio, e intentar que Siemens – Gamesa continúe coa fabricación e investindo en As Somozas”.
A Xunta tamén ten demostrado, dixo, “unha evidente incapacidade da Xunta de Galicia para facer un traballo de negociación e búsqueda de sinerxias entre o sector público e o privado”, sinalou apuntando ao proxecto para máis que duplicar en dez anos a potencia acumulada de renovables en Galicia. Lembrou ademais que a poxa eléctrica xa está aprobada, co que “tócalle á Xunta facer os deberes e atender ás posibilidades que xurdan para as empresas vencelladas ao sector”.
A factoría, que chegou a ter 700 traballadores, vese ameazada pola compra da fábrica de vaos en Portugal por parte da empresa, que comezou a investir naquelas instalacións para destinan os novos modelos de palas. As Somozas ten hoxe 300 traballadores altamente cualificados pero produce modelos obsoletos, limitándose ao mercado nacional e baixando a produción de 9 a 7 palas á semana, e a finais de ano quedarán sen pedidos.