O vicesecretario xeral do PSdeG e coordinador dos deputados e deputadas socialistas galegos, Pablo Arangüena, sinalou hoxe que ao longo da crise de Alcoa “contrastou o compromiso e involucración da ministra Maroto coa pasividade e inactividade de Feijóo”. Engadiu que “a Feijóo e ao seu conselleiro parece que lles disgustou que aparecese un inversor para Alcoa, porque eles decían que non o habería”.
O responsable socialista sinala que “semella que Feijóo non se alegra de que se conseguira un inversor para Alcoa dez meses despois de que a multinacional anunciara o peche definitivo”. Arangüena conclúe que “o goberno do PP deixou unha herdanza de problemas, e o ministerio de industria traballa en buscar avances e solucións para manter os postos de traballo”
Os socialistas destacan que o goberno do Principado de Asturias “coopera e recoñece o traballo feito polo Ministerio na crise de Alcoa”, mentres Feijóo “dedícase a seguir a estratexia partidista do PP contra Pedro Sánchez e o goberno central”.
Esta semana a ministra Maroto tivo una axenda institucional de visita aos concellos de Santiago e Coruña cos seus respectivos alcaldes, e previamente mantivo un encontro co secretario xeral do PSdeG e outros cargos, con “total normalidade e respecto institucional”.
O problema é, subliña, que “Feijóo non asumiu ben que os socialistas gañaramos ás eleccións, e peor que o ministerio avanzase seriamente no estatuto para as electrointensivas mentres o goberno de Rajoy non fixera nada”. O PP de Galicia –concluíu- está “moi nervioso polo seu retroceso electoral”, pero “o PP debería recoñecer que o ministerio traballou ben para salvar a Alcoa do escenario de peche definitivo e para manter o emprego”