A Xunta reduce un 74 por cento os investimentos para mobilidade turística previstos entre 2017 e 2020

A Xunta reduce un 74 por cento os investimentos para mobilidade turística previstos entre 2017 e 2020

A Xunta reduce un 74 por cento os investimentos para mobilidade turística previstos entre 2017 e 2020

O portavoz de Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, alertou hoxe dun descenso drástico do 74 por cento nas previsións de investimento da Xunta para Mobilidade Turística entre 2017 e 2020. Na comparecencia do Goberno no Parlamento para presentar a Estratexia de Turismo 2020, advertiu que as partidas pasan de 14 millóns a 3,3 en apenas 4 anos.

Pérez Seco apuntou que a partida que se verá prexudicada é a que ten como obxectivos precisamente o fomento da intermodalidade, a coordinación turística dos aeroportos galegos, aproveitamento das conexións ferroviarias, marítima e fluvial, o reforzo da mobilidade peonil, a mobilidade da Eurorrexión e o turismo accesible.

Apuntou precisamente que a captación de tráfico aéreo conta cunha partida de apenas 400.000 euros destinados a elaborar un informe, fomentar o papel do clúster de Turismo, promoción nos mercados europeos e asistencia a feiras.

Alertou da ausencia da busca de “máis e mellores conexións nacionais” que permitiría captar turismo internacional e conseguir o obxectivo declarado da Xunta de aumentar o peso do turismo internacional ata o 33 por cento do total.

Camiño de Santiago

Pérez Seco apuntou ademais as “deficiencias que non favorecen nin a utilización nin ao descubrimento dos camiños de Santiago por parte dos peregrinos”. Respondeu así ao obxectivo da estratexia turística de acadar unha suposta etapa modelo nos itinerarios do Camiño Francés, Fisterra - Muxía e do Camiño Inglés.

Todos eles sen embargo padecen unha mala ou confusa sinalización, falla de limpeza da maleza, escaseza de auga potable, falla de cunetas para a auga, puntos baixos anegados, firmes desiguais, acumulación de escombros, falla de conectividade e accesibilidade e escaseza de albergues.

Así o dixo na presentación diante do Parlamento dun documento aprobado polo Consello da Xunta en marzo e presentado na Cidade da Cultura en maio de 2017, hai case un ano. Acusou ao goberno galego de “impedir as aportacións dos grupos parlamentarios para enriquecer unha estratexia que tamén carece de diálogo co sector turístico”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar