A Xunta pasa ao "vitimismo" coa Fábrica de Armas logo de avalar a concesión a Hércules de Armamento

A Xunta pasa ao "vitimismo" coa Fábrica de Armas logo de avalar a concesión a Hércules de Armamento

A Xunta pasa ao “vitimismo” coa Fábrica de Armas logo de avalar a concesión a Hércules de Armamento

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, acusou hoxe que a Xunta pasara en cuestión de horas á estratexia do “vitimismo” diante do cambio de goberno. Así o dixo logo das críticas do conselleiro de Economía pola situación da Fábrica de Armas de A Coruña, que foi adxudicada en 2014 a Hércules de Armamento.

Lembrou a participación activa daquela tanto da Xunta de Galicia como do concello de A Coruña, gobernado polo PP, para concederlle á empresa o que os socialistas denunciaron daquela como un “pelotazo” para entregar 127.943 metros cadrados de factoría equipada con maquinaria de alta precisión.

Díaz Villoslada apuntou que o goberno galego “coñecería as condicións da extinción da Fábrica de Armas por General Dynamics en 2013, meses antes da súa adxudicación á nova empresa. Sinalou que o mesmo PP no Senado sinalara que Defensa non tiña detectado “ningunha irregularidade” na Fábrica de Armas, cando ten cortadas a luz e a auga e retiróuselle o permiso para fabricar armas por cuestións de seguridade e impago de salarios.

Criticou que hoxe o conselleiro de Industria utilice a “técnica evasiva de preguntarlle a quen pregunta” e o “vitimismo e as dúbidas competenciais” cando ao mesmo tempo aseguran que “están traballando para conseguir acordos”.

Dixo que a “crítica situación” da factoría, denunciada dende o primeiro polos propios traballadores e traballadoras, que cualificaron a adxudicación de bluff industrial, “esixe tomar todas as medidas necesarias para retomar os compromisos asumidos pola Administración xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de A Coruña.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar