A Xunta demostra nula vontade de negociación cos funcionarios de Xustiza

A Xunta demostra nula vontade de negociación cos funcionarios de Xustiza

A Xunta demostra nula vontade de negociación cos funcionarios de Xustiza

O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, criticou hoxe a “incapacidade ou nula vontade de negociación” da Xunta cos traballadores públicos, “como se está a demostrar cos funcionarios de Xustiza”. Así o dixo no debate dunha proposta socialista para que a Xunta adopte a doutrina europea que evita a desigualdade de trato, e que foi rexeitada polo PP no Pleno do Parlamento.

Díaz Villoslada reclamáballe á Xunta que adoptara “as medidas necesarias para evitar a desigualdade de trato entre os empregados públicos autonómicos, fixos e temporais, conforme á doutrina do TXUE”. Aludiu así á sentenza do Constitucional dando a razón a dúas traballadoras interinas que solicitaran permutar os seus postos de traballo entre Lugo e Ourense para facilitar a conciliación da súa vida familiar.

O Goberno galego negoulles a súa petición, e tivo que ser o Tribunal Constitucional quen sinalara que o convenio colectivo do persoal laboral da Xunta, que limita o dereito de permuta aos traballadores fixos, “debe interpretarse conforme á normativa comunitaria que proscribe as diferenzas de trato inxustificadas entre o persoal fixo e temporal”.

Menos hipocresía

Diante das alegacións do portavoz do PP, aludindo a que o goberno galego cumprira co dito convenio, Díaz Villoslada espetoulle que “menos hipocresía e máis adoptar as sentenzas comunitarias e do Tribunal Constitucional”. Neste sentido criticou que defendan agora un convenio colectivo que a Xunta decidiu suspender parcialmente de forma unilateral nos recortes de 2012 nun “exercicio de cinismo importante”.

Apuntou que “o convenio colectivo ten as costuras bastante rachadas e ten que ser recuperado, renegociado e revisado para incorporar a nova xurisprudencia do Tribunal Constitucional e comunitaria”. Mentres, dixo, “cumpran coas sentenzas, non vaia ser que esperten con máis como as de onte contra a Lomce”, desbotando as “bolsas Wert” para estudar castelán en escolas privadas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar