A Xunta concede "a dedo" preto da metade da totalidade dos contratos públicos

A Xunta concede "a dedo" preto da metade da totalidade dos contratos públicos

A Xunta concede “a dedo” preto da metade da totalidade dos contratos públicos

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, advertiu hoxe que a Xunta reparte “a dedo” a través de contratos menores case a metade do total que xestiona cada ano. Así o dixo no debate dunha pregunta oral, hoxe en Comisión parlamentaria, na que criticou o “volume absolutamente excesivo” deste tipo de contratos, que afectan á competitividade económica.

O responsable socialista explicou que no ano 2016, o último con datos dispoñibles sobre contratación, o goberno galego asinou un total de 123.903 contratos menores que supuxeron un importe de 868.960.521 euros. Isto supón case a metade da contratación total da Xunta de Galicia, que foi concedida de forma “opaca”, poñendo en cuestión a limpeza do procedemento e lastrando a competitividade económica do tecido produtivo.

Díaz Villoslada preguntou hoxe polos motivos do goberno galego para ter ampliado o límite mínimo autoesixido para a adxudicación directa deste tipo de contratos. En apenas tres anos, entre 2013 e 2016, duplicou o límite de 9.000 euros para contratos de servizos e subministracións e de 25.000 por obras, que pasou a 18.000 e 50.000, respectivamente.

Opacidade

Ademais, dixo, o goberno galego obstaculizou ata o momento o control e seguimento destes contratos, xa que a plataforma de contratación da Xunta, no seu apartado de contratos menores, “non queda rexistrada a información básica dos ditos contratos, senón que unicamente aparece un número reducido de días”. Así, actualmente non aparece ningún os contratos menores realizados durante 2017.

Explicou ademais que 4 de cada 10 órganos que realizan contratos menores en Galicia “ou non formalizan ditos contratos –o que parece pouco probable- ou directamente non entregan a información”. Neste sentido, amosou a súa sorpresa por que entidades como Augas de Galicia, Portos, o Igape, o Consorcio Galego de Servizos Sociais, a Sociedade Pública de Investimentos ou a CRTVG non publican información de contratos menores.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar