A Xunta bota "balóns fora" na xestión das axudas pola explosión de Tui

A Xunta bota "balóns fora" na xestión das axudas pola explosión de Tui

A Xunta bota “balóns fora” na xestión das axudas pola explosión de Tui

O responsable socialista Abel Losada reclamoulle hoxe á Xunta un “plan transversal o máis rápido e áxil posible” para axudar aos 750 damnificados pola explosión do almacén pirotécnico clandestino de Tui. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento de hoxe na que acusou á Xunta e ao delegado do Goberno saínte de “botar balóns fora” ao sinalar á Deputación para unha competencia autonómica.

O responsable socialista puxo en valor a actuación da Deputación de Pontevedra para apoiar ao concello liberando 9 millóns de euros á súa libre disposición e enviando no primeiro día a 6 dos 7 asistentes sociais. Tamén enviou, aos bombeiros do Consorcio Provincial e arquitectos e enxeñeiros. Criticou o desleixo do goberno galego, que tardou oito días en aprobar as axudas anunciadas.

Desbotou as críticas do PP á xestión da Deputación porque, dixo, “as leis atribúen competencias, cooperación toda, pero as competencias son de quen son”. Lembrou a actuación do anterior presidente da Deputación, o “popular” Rafael Louzán, que “tiña 25 millóns de euros de libre disposición para darlle aos concellos como lle petaba” e así asegurar réditos electorais.

Losada reclamoulle á Xunta que “se preocupe menos pola Deputación e faga o traballo máis dilixencia que na tramitación das axudas dos incendios de outubro, que se retrasaron 8 meses, e reclamou “un procedemento o máis áxil posible”. Esixiulle ao goberno galego “que non obrigue aos afectados a adiantar os fondos e contemple todo o que lles poida facilitar que as súas vivendas poidan ser reconstruídas canto antes”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar