A Xunta debe deixar de enganar aos veciños coa VAC Costa Norte

A Xunta debe deixar de enganar aos veciños coa VAC Costa Norte

A Xunta debe deixar de enganar aos veciños coa VAC Costa Norte

O parlamentario socialista José Manuel Pérez Seco esixiulle hoxe ao PP e ao Goberno galego que “deixen de enganar aos veciños e veciñas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña” coa construción da VAC Costa Norte. Os socialistas presentaron unha Proposición non de Lei para demandar as obras pendentes que foi vetada polo PP.

O responsable socialista lembrou que o proxecto desta obra remóntase a 2001, hai 17 anos, nos cales as únicas obras construídas foron iniciadas polo goberno do socialista Emilio Pérez Touriño, que iniciou a Variante de Ortigueira e licitou o tramo San Cibrao – Viveiro. A partir de entón o goberno de Feijóo “non fixo máis que inaugurar os dous únicos tramos que hoxe están en servizo.

Lamentou que o goberno galego leve 9 anos adiando os proxectos e licitacións das obras, que continúan emprazando a dous anos vista dunha infraestrutura que supón “unha arteria fundamental para o desenvolvemento das comarcas de Ortegal e da Mariña lucense”. Considera “prioritario” potenciar a obra “para saír da situación de debilidade económica potenciando o comercio dunhas comarcas abandonadas”.

A proposta socialista incluía a licitación neste ano 2018 e contratar o proxecto dos tramos San Saturnino AG-64 – Campo do Hospital, Campo do Hospital – Seoane, Espasante – O Barqueiro e O Barqueiro – Covas, e incluír estes tramos nos orzamentos de 2019 para que estean rematados en 2021. Tamén demandaba licitar en 2018 a construción do tramo Covas – Celeiro para que estea rematado en 2020.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar