Viaxar a Madrid non significa defender os intereses de Galicia

Viaxar a Madrid non significa defender os intereses de Galicia

Viaxar a Madrid non significa defender os intereses de Galicia

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, criticou hoxe as “viaxes autopromocionais” do presidente da Xunta á capital galega. Na comparecencia da Xunta en comisión para dar conta da axenda exterior do goberno galego, puntualizou que “viaxar a Madrid non significa defender os intereses de Galicia”.

Díaz Villoslada lamentou que o goberno galego presente unha axenda exterior “irrelevante” cuns resultados “pírricos” para os intereses de Galicia. Sinalou que “os problemas de Galicia poden xestionarse fora, e sinalou como exemplo á exclusión dos portos galegos do corredor noroeste de mercadorías por ferrocarril, que vén de ser modificado para incluír a Zaragoza e Navarra, pero Galicia deberá agardar ata os anos 30.

Apuntou que o goberno galego “nin está nin se lle espera” á hora de defender a posición de Galicia na UE, sinaladamente diante do impacto que suporá o brexit para a economía galega, que suporá entre outras cousas un novo reparto da cota pesqueira. Ademais, instou a “intensificar as relacións con Portugal e a Eurorrexión” Galicia – Norte de Portugal.

Chamou tamén a acadar unha maior presenza de Galicia en Latinoamérica, en atención aos especiais lazos que unen a esta comunidade autónoma coa diáspora en aqueles países. Puxo como exemplo o traballo que debera desenvolver o goberno galego para axudar aos emigrantes na defensa do importante patrimonio cultural depositado no Centro Gallego de Bos Aires, en proceso de venta.

Puntualizou que esta presenza debera ser entendida “non para interferir politicamente dende unha perspectiva colonial, senón para cooperar en termos económicos e apoiar aos nosos irmáns fora de Galicia”. Apuntou á especial ligazón con países en proceso de cambio político, como Brasil, México ou Venezuela, que “o goberno galego non está a traballar”.

Axenda de visitas

Lamentou ademais que o presidente da Xunta teña renunciado durante todo o seu mandato a dar conta diante do Pleno dos resultados das súas visitas ao exterior, rompendo coa tradición instaurada polo presidente socialista Emilio Pérez Touriño.

Os socialistas galegos reclamaron que as comparecencias do goberno galego “non se limiten a dar conta da listaxe de viaxes que teñen feito, senón que sirvan tamén para ter en conta as aportacións dos representantes da Cámara autonómica á hora de fixar os obxectivos cos que conformen a axenda de viaxes no futuro”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar