A transformación da fachada marítima de A Coruña só será posible coa coordinación de tódalas administracións

A transformación da fachada marítima de A Coruña só será posible coa coordinación de tódalas administracións

A transformación da fachada marítima de A Coruña só será posible coa coordinación de tódalas administracións

O deputado socialista Juan Díaz Villoslada chamou hoxe a Concello, Porto de A Coruña, Xunta, Fomento e Adif a consensuar a constitución dun Consorcio Público interinstitucional “que lidere os traballos necesarios para unha correcta desafectación dos terreos e a necesaria reordenación”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral ao goberno.

O parlamentario coruñés chamou á coordinación entre tódalas institucións implicadas, mantendo “o máximo respecto ao concello” para abandonar “un debate mal intencionado e interesado”. Lamentou os intentos de “desacreditar unha infraestrutura necesaria, moderna e chamada a ser o motor económico do norte de Galicia, ao tempo que demoran a necesaria transformación da fachada marítima”.

Propuxo que deixen en mans deste novo ente “o liderado dos traballos necesarios para unha correcta desafectación dos terreos e a súa necesaria reordenación”, logo dos “permanentes desencontros entre o Goberno municipal de A Coruña, o Ministerio de Fomento, a través de Puertos del Estado e da Autoridade Portuaria”. Sinalou que A Coruña “ten o dereito a aproveitar esta oportunidade histórica para escribir o seu novo futuro”.

Lembrou que este abano de desencontros chegou “mesmo á utilización por parte do presidente da Xunta de atribucións non competencia do goberno galego sobre os usos de solos do porto, deixando en terreo de ninguén o proxecto de cidade”.

Apuntou tamén ás “sucesivas actuacións do presidente da Autoridade Portuaria”, e do “intento, que tiveron que parar, do Consello de Administración do Porto, con presenza da Conselleira de Medio Ambiente e precandidata á alcaldía, para subhastar a primeiros deste ano os terreos da Solana e do Finisterre ao mellor postor”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar