Cajide reclama a Medio Rural e Mar orzamentos sensibles á perspectiva de xénero
A parlamentaria do Grupo Socialista, Carmen Cajide, ven de formular en Comisión unha pregunta interesándose polo orzamento que destina a Consellería do Medio Rural e do Mar para dar cumprimento ao principio de transversalidade recollido na Ley Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva entre mulleres e homes. Interesouse tamén Cajide Hervés polas accións concretas previstas no orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2012 pola Consellería do Medio Rural e do Mar para contribuír... Ler máis
As mulleres viven momentos moi duros polos ataques aos seus dereitos nas políticas do PP
A portavoz de Igualdade do PSdeG-PSOE Carmen Cajide interveu na Comisión 1ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre o orzamento que destina a Consellería de Presidencia para dar cumprimento ao principio de transversalidade recollido na Ley Orgánica 3/2007 para la igualdad efecetiva entre mujeres y hombres. Carmen Cajide cualificou de “momentos duros e moi tristes os que viven hoxe as mulleres de Galicia”, por mor dos ataques directos aos dereitos ás mulleres... Ler máis
Modificar a Lei de Eleccións ao Parlamento permitirá unha presenza equilibrada de homes e mulleres
A portavoz de Igualdade do PSdeG-PSOE Carmen Cajide anunciou en hoxe en rolda de prensa que o Grupo Parlamentario Socialista propoñerá nas propostas de resolución do Debate do Estado da Autonomía se modifique da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, para facer efectivo o principio de igualdade de condicións na participación política, as candidaturas electorais, que deberán ter unha presenza equilibrada de homes e mulleres. Sinala ademais... Ler máis
Seara: «Este 8 de marzo enfrontámonos a unha batalla ideolóxica dos gobernos do PP contra os dereitos das mulleres»
A secretaria de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais do PSdeG, Laura Seara, lamentou hoxe que este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coincida cunha reforma laboral que “expulsa ás mulleres do emprego” ao imposibilitar a conciliación laboral. A socialista lembrou que a evolución da situación das mulleres e os avances da igualdade “foron dos cambios máis importantes que se produciron nas últimas décadas, colocando a España na vangarda europea e formando... Ler máis
Feijoo actúa ao dictado das asociacións ultra-dereitistas que xestionan a Red Madre
A portavoz de Igualdade do PSdeG-PSOE Carmen Cajide interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre a concesión de axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen animo de lucro destinadas a mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes. Na súa intervención explicou que estas axudas están destinadas ao mantemento de centros de atención especializada para mulleres, os recursos específicos para xestantes e lactantes con... Ler máis
Cajide reclama a Feijóo que presente o VI Plan de Igualdade e advirte que a taxa de paro feminino subiu o 44%
A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, reclama á Xunta que cumpra cos seus compromisos acadados no pasado debate do Estado da Autonomía presentando no Parlamento o VI Plan Galego de Igualdade para os Homes e as Mulleres. Instou ao PP a que “supere vellos prexuízos contra a igualdade” e apoiara a proposta socialista debatida hoxe no Pleno. Cajide defendeu unha Proposición non de Lei para que o Goberno galego remita á Cámara, no prazo dun mes, o VI... Ler máis
A Xunta debe presentar o VI Plan Galego de Igualdade
A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, reclama á Xunta que cumpra cos seus compromisos acadados no pasado debate do Estado da Autonomía presentando no Parlamento o VI Plan Galego de Igualdade para os Homes e as Mulleres. Instou ao PP a que “supere vellos prexuízos contra a igualdade” e apoie esta proposta socialista no próximo Pleno. Cajide presentará, na sesión plenaria que terá lugar esta semana, unha Proposición non de Lei para que o Goberno... Ler máis
Cajide: «As trabas da Xunta á Lei de Saúde Sexual e Reproductiva aumentou un 70 por cento os abortos»
A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, advertiu hoxe que as trabas impostas pola Xunta á Lei de Saúde Sexual provocou que os abortos aumentaran en Galicia un 77 por cento entre 2008 e 2010. Nunha pregunta oral no Pleno que se celebrou hoxe, advertiu que no mesmo período os abortos diminuíron no resto do Estado un 2,4 por cento. Cajide criticou que a Xunta leve tres anos “lexislando contra dos dereitos das mulleres, desmantelando as infraestruturas de... Ler máis
Rolda de contactos para evitar «o retroceso de 30 anos» que supón a reforma da Lei de IVE
A secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara, e a portavoz desta área no Grupo Parlamentario dos Socialistas Galegos, Carmen Cajide, anunciaron hoxe o inicio dunha rolda de contactos con asociacións de mulleres, organizacións sanitarias, sindicatos e forzas políticas para evitar que o Goberno central modifique a actual Lei de Saúde Sexual e Reproductiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo; sen descartar as mobilización para evitar “un paso atrás desta magnitude”.... Ler máis
Cajide denuncia «un pacto tácito para a submisión da muller entre o PP, a Igrexa e as Redes Nai»
A portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Cajide interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre os investimentos do Goberno de Feijoo no marco da Lei de apoio á muller embarazada. Alí criticou a reducción do orzamento da Xunta que pasou de 60 millóns a 13 millóns. Denuncian un pacto tácito para a submisión das mulleres “entre o PP, a Igrexa e as rede nai”. A parlamentaria solidarizouse en primeiro lugar coas ultimas... Ler máis








