Rodillo inasumible do PP no debate da reforma da Lei de Saúde

Rodillo inasumible do PP no debate da reforma da Lei de Saúde

Rodillo inasumible do PP no debate da reforma da Lei de Saúde

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe o “rodillo inasumible” do PP no trámite da reforma da Lei de Saúde, que hoxe finalizou o trámite en Comisión e será votada finalmente no próximo Pleno do Parlamento. Criticou que logo de máis de 100 alegacións da sociedade e máis de 100 emendas da oposición, “aceptaron 3 e transaccionaron 1”.

O responsable socialista criticou que o PP se teña negado a garantir os servizos sanitarios e os acusou de “afondar na perda de servizos para establecer cidadáns de segunda e de primeira”. Advertiu que “a garantía de servizos é a nosa obsesión” e por iso presentou unha emenda para establecer un catálogo mínimo que estableza as prestacións sanitarias ás que teñen dereito tódolos galegos e galegas “independentemente de onde residan”.

Torrado sinalou a notable perda da calidade asistencial que sufrirán por exemplo os cidadáns das áreas sanitarias de Salnés, A Mariña, Valdeorras e Monforte, que verán recortados os servizos nos seus hospitais logo de que sexan subordinados ás áreas urbanas.

Apuntou á transacción entre os grupos para garantir o dereito á participación, que “queda por debaixo porque cando chegamos á concreción suprimen a posibilidade de emitir informes sobre os servizos nos hospitais nin na área sanitaria”.

Amosou tamén o seu escepticismo pola aprobación dunha comisión de control da investigación proposta polos socialistas pero sen concretar as funcións nin competencias, e engadiu que “a Xunta non entende a necesidade de controlar os investimentos nin os avances de I+D”.

Mobilización

Torrado criticou que a Lei sexa tramitada “ás agochadas, sen que ninguén o soubera, sen anuncialo nin plantexalo e sen comparecencia previa do conselleiro” e sinalou que “en 11 meses non quixeron falar do asunto”. A pesares diso, subliñou a importante contestación social provocada por esta Lei tanto nas áreas sanitarias abocadas á súa desaparición como na gran manifestación celebrada na capital galega.

Apuntou que con estas mobilizacións “ocorreu o mesmo que onte –na Manifestación en defensa da Igualdade-, que o PP intentou ningunealas, pero igual que coa de onte vai ter que aceptalas coa cabeza baixa e dicir que xa estaban niso”. Engadiu que “a pesares de que neguen a realidade, saben que tamén se equivocaron” e criticou o seu “orgullo e incapacidade de asumir que non poden exercer o poder de maneira ditatorial”.

Ademais sinalou “incoherencias enormes” ao sinalar na exposición de motivos que a Lei de Saúde é “un dos motores de desenvolvemento económico de Galicia” pero despois renuncian a pedirlle ao CES un informe porque “non se aprecia vencello co desenvolvemento económico e social” da Lei.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar