A reforma da Lei de Saúde "pon en risco a saúde de parte da poboación"

A reforma da Lei de Saúde "pon en risco a saúde de parte da poboación"

A reforma da Lei de Saúde “pon en risco a saúde de parte da poboación”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou hoxe a emenda de devolución á reforma da Lei de Saúde de Galicia que, dixo, supón a concentración de servizos e a redución de áreas sanitarias e da participación cidadá na sanidade pública. Apuntou que “non é unha boa noticia” que vai “no sentido contrario” á defensa dun servizo público de calidade.

O responsable socialista explicou que esta norma supón “un paso máis” na redución de servizos sanitarios e na consolidación dunha “sanidade de segunda” para o común da cidadanía. Explicou que a decisión do goberno galego de modificar a Lei en vigor “pon en risco a saúde dunha parte da poboación”.

Subliñou que a norma provocará a concentración de servizos nas cabeceiras urbanas, ademais de suprimir as áreas sanitarias de A Mariña, O Salnés, Lemos e Valdeorras, reducindo tamén a participación da cidadanía nas cuestións relacionadas coa saúde. Ao reducir as funcións do Consello Galego de Saúde e dos consellos de área, furtando “a posibilidade de participación social e o control das decisións en materia sanitaria”.

Fernández Leiceaga apelou ao informe do Consello de Contas, quen a instancias do Parlamento –por proposta do PSdeg-PSOE- fiscalizará as consecuencias económicas da modificación da Lei e que, dixo, “agardamos que chegue antes de que teñamos que presentar as emendas parciais” á Lei.

Corredor de mercadorías

O responsable socialista lamentou que a “debilidade política” de Feijóo e a “incomprensión” do Ministerio de Fomento fagan “encallar” a “inxustiza histórica” que supón a desconexión de Galicia co corredor europeo de mercadorías por ferrocarril. Así o dixo logo de que a semana pasada se coñecera a aprobación pola Comisión Europea da alteración do mapa para conectar Pamplona e Zaragoza.

Galicia queda de novo á marxe do corredor, co que os portos de Vigo e A Coruña deberán agardar a lo menos ata 2027 para comezar coa tramitación, “demasiado tempo”, explicou, que suporía que a conexión coa rede europea se retrasará “ata mediados da década dos 30”.

O anuncio de Fomento da semana pasada ven demostrar, dixo, que os argumentos do Ministerio para excluír Galicia son “falsos”, e que “era posible facelo, pero Galicia queda fora” polo escaso interese do Goberno central e a baixa relevancia do presidente galego.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar