O PP veta avaliar a competencia lingüística do ensino na súa "defensa contumaz" do decreto do plurilingüismo

O PP veta avaliar a competencia lingüística do ensino na súa "defensa contumaz" do decreto do plurilingüismo

O PP veta avaliar a competencia lingüística do ensino na súa “defensa contumaz” do decreto do plurilingüismo

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou hoxe a “defensa contumaz” demostrada polo PP sobre o Decreto do Plurilingüismo, que os leva mesmo a vetar unha proposta para avaliar os resultados dos programas de mellora da competencia lingüística. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento que o PP anunciou que rexeitará na votación que se producirá mañá martes.

O responsable socialista advertiu que o único indicador incluído nos plans anuais de inspección do sistema educativo relacionado co plurilingüismo fai referencia a “comprobar que se impartan as mesmas horas á semana en galego e castelán”. Lamentou que “non lles preocupa a aplicación destes programas ata o punto de que non inclúan un só indicador sobre a mellora da competencia lingüística”.

Álvarez presentou esta iniciativa derivada da aplicación da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020, que incluíu unha hora adicional en lingua estranxeira nos programas Plurinfantil, Bachibac e Estrela FP, que colleitaron un “estrepitoso fracaso” por parte dos centros. Así, tan só se adheriron o 31 por cento dos centros de Infantil, o 3,4 por cento de secundaria e o 2,7 por cento de FP.

O parlamentario socialista sinalou que malia este pírrico resultado, os programas “merecen ser avaliados” coa finalidade de implementar calquera mellora que poida superar estas cifras.

Luis Álvarez demostrouse “estupefacto” logo da resposta do portavoz do PP, quen valoraba como “satisfactorio” sinaladamente o 2,7 por cento do programa Estrela FP, e preguntou “en que porcentaxe está o que vostedes consideran malo”. Sinalou que estes resultados non se compadecen coa campaña iniciada por Feijóo hai 7 anos “fachendeando polo Estado adiante do equilibro lingüístico de Galicia”.

Maila que a súa pretendida aposta polo trilingüismo faría supoñer que se debera impartir un 33 por cento en cada lingua, a realidade é que “no mellor dos casos o ensino en lingua estranxeira fica no 10 por cento”. Criticou a negativa do PP a admitir esta realidade mesmo impedindo avaliar o éxito destes programas, e ironizou co próximo lema de campaña, que “ben podería ser we are the very best –somos os mellores-”

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar