O PP aproba en solitario unha lei de Portos "desfasada, decepcionante e que invade competencias locais"

O PP aproba en solitario unha lei de Portos "desfasada, decepcionante e que invade competencias locais"

O PP aproba en solitario unha lei de Portos “desfasada, decepcionante e que invade competencias locais”

A portavoz de Portos do Grupo Socialista, Loli Toja, criticou a Lei de Portos por “estar desfasada, garantir a opacidade, dar barra libre ás concesións administrativas e invadir competencias municipais”. Así o dixo no debate final, hoxe no Parlamento, desta norma presentada polo Goberno e aprobada unicamente co voto a favor do PP e a oposición dos socialistas galegos.

Sinalou que con esta norma “pretenden crear reinos independentes dentro dos concellos”, ao permitir a reasignación de usos dos terreos portuarios, obrigando aos gobernos locais a incorporalo aos seus plans urbanísticos no prazo dun ano. Advertiu de que esta cláusula supón “un paso máis na estratexia de recentralizar as competencias municipais na administración autonómica negando máis recursos para cumprir coas novas obrigas”.

A responsable socialista criticou que o PP teña abordado o debate parlamentario desta norma como “un monólogo sen opcións para a oposición”, a quen “simplemente informaron das emendas aceptadas e as que tiñan opción á transacción, malia que a día de hoxe descoñecemos os seus argumentos”. O resultado foi que das 150 emendas presentadas polos socialistas só foron aceptadas 18 e transaccionada 1.

Sinalou que grazas a esta emenda socialista, Portos realizará un informe anual no que sinale os contratos realizados e, puntualizou, “agardamos que, agora que o aceptaron, que o cumpran” para dotarlo de maior transparencia. Reivindicou un “exercicio de transparencia” do goberno galego en Portos de Galicia, por canto “de 8,8 millóns de euros de contratación, unicamente 2,1 corresponden a obras licitadas a través de concursos, o 24 por cento.

Toja explicou que este balance resulta “insuficiente” para acadar o apoio dos socialistas galegos a esta Lei, xa que “non aceptaron ningunha proposta de calado para mudar o noso voto”. Sinalou que a Lei “renuncia a habilitar actuacións ou planificación para o sistema portuario, e mantén demasiadas incertezas ou sospeitas que non se clarifican”.

Criticou que a Lei estea “baseada nun modelo de portos como entidade pública empresarial, o que entre outras cousas permitirá crear un número indeterminado de empresas públicas portuarias".

Barra libre

Ademais, dixo, ofrece “barra libre para as concesións das empresas privadas”, xa que a Lei actual fixa o prazo en 30, pero a nova norma o amplía ata 50. Criticou que a regulación sexa “excesivamente xenerosa coa participación da iniciativa privada sen que se teña en conta a defensa dos intereses xerais”.

Resumiu que “estamos ante un Goberno que pon os intereses privados por riba dos públicos en canto ás concesións, á creación de empresas portuarias e ao modelo de xestión empresarial”.

Finalmente, advertiu que a proposta de Lei “non contempla a necesaria coordinación e participación das administracións locais, e incluso pode colisionar co principio de autonomía local”. Neste sentido explicou que “deixa ás administracións locais nun segundo plano, impoñendo consideracións urbanísticas peculiares, problemáticas e non pactadas, prexudicando ás administracións locais”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar