O Parlamento aproba a proposta socialista de regular por Lei a acción exterior da Xunta

O Parlamento aproba a proposta socialista de regular por Lei a acción exterior da Xunta

O Parlamento aproba a proposta socialista de regular por Lei a acción exterior da Xunta

A Comisión Institucional do Parlamento aprobou hoxe as achegas socialistas ao borrador da Estratexia Galega de Acción Exterior –Egaex- para pedirlle ao goberno que regule por Lei a acción exterior de Galicia. O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, explicou estas propostas incorporan ademais impulsar o “estudo e modificación da lexislación electoral” para “garantir un voto exterior efectivo”.

Os socialistas galegos presentaron nove propostas que incluían demandarlle ao goberno que lidere o consenso arredor da acción exterior de Galicia. Esta demanda “esixe elevar o debate parlamentario e, no marco competencial actual, o texto desta estratexia, para a súa aprobación final mediante Lei do Parlamento de Galicia”.

Ademais, instou a que Galicia “apoie o estudo e modificación da lexislación electoral para eliminar o actual sistema de voto rogado e introducir novas fórmulas, seguindo as recomendacións da Xunta Electoral Central e do Parlamento Europeo para mellorar substancialmente o procedemento de voto exterior”. Puntualizou que “a ineficacia do sistema actualmente en vigor é un atranco inaceptable para a participación da emigración na vida política do noso país”.

As achegas socialistas inclúen tamén recabar a cooperación do Ministerio de Asuntos Exteriores para facilitar a formación e recoñecemento do persoal dependente da Xunta de Galicia con competencias en acción exterior. Isto facilitaría incrementar a súa capacitación técnica na acción exterior e garantir unha estrutura administrativa de Acción Exterior máis visible e competente para “fortalecer os nosos intereses no exterior”.

Reclaman tamén unha axenda de I+D na acción exterior de Galicia, unha maior implicación da Rede Pexga, un compromiso humanitario real a través das estratexias de Cooperación, fortalecer a Fundación Galicia – Europa e garantir unha Egaex “con carácter executivo e transparente”.

Centro Galego

O responsable socialista instou ademais ao goberno galego a abrir urxentemente canles de comunicación co goberno arxentino para integrar os fondos culturais do Centro Gallego de Bos Aires no Patrimonio artístico galego. Así o dixo logo de coñecer nestas datas o inicio do proceso de venda do inmoble histórico da institución galega na Arxentina, xunto coa súa xestión sanitaria, a un grupo empresarial.

Lembra que se trata do “máis senlleiro centro da diáspora galega no mundo”, que posúe “as instalacións nas que faleceu Castelao en 1950, ademais dunha importante biblioteca e fonoteca, o Teatro Castelao e unha pinacoteca con obras de pintores galegos de alto valor artístico e patrimonial”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar