Participación dos centros educativos na dixitalización da ensinanza

Participación dos centros educativos na dixitalización da ensinanza

Participación dos centros educativos na dixitalización da ensinanza

Luis Álvarez denunciou que o alumnado non dispuxese do material dixital completo ata cinco meses despois do inicio do curso

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luís Álvarez, presentou unha pregunta na Comisión de Educación na que esixiu o incremento da participación dos centros educativos na dixitalización da ensinanza. Así, denunciou que o alumnado non dispuxese do material dixital ata febreiro, transcorridos cinco meses de curso.

 

Álvarez aludiu ao feito de que os centros educativos non se están sumando ao proxecto de Educación Dixital e demanda “medidas por parte da Xunta para incrementar a participación”.

 

Luis Álvarez expuxo que “o Proxecto Educación Dixital, E-Dixital, non conta co respaldo dos centros, que non se están sumando á iniciativa”. Dixo que “tan só falamos dun 13.61% de centros de educación primaria e din 10.69% de centros de educación secundaria obrigatoria”.

 

Do mesmo xeito, o deputado socialista afirmou que “xa nos debates orzamentarios para o ano 2018, o grupo socialista manifestou que a implementación do programa estaba sendo errónea, pois os centros non contaban co equipamento, principalmente cos ordenadores”. Así, denunciou que “en febreiro a Consellería fixo público a entrega de 13.000 equipos novos, resultando evidente que non se contaba co equipamento axeitado”.

 

Por tanto, concluíu pedindo unha avaliación da Consellería ante as cifras de centros que non participan, que o alumnado non dispuxese ata mediados de curso do material e pedindo “medidas urxentes para incrementar a participación dos centros”.

 

Sgonzalez

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar