Os orzamentos do Estado minusvaloran a Galicia e non son os que España necesita

Os orzamentos do Estado minusvaloran a Galicia e non son os que España necesita

Os orzamentos do Estado minusvaloran a Galicia e non son os que España necesita

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reuniuse este mércores coa voceira dos socialistas no Congreso, Margarita Robles, para trasladar os problemas de Galicia á cámara parlamentar. Así, revisaron distintos asuntos e analizaron conxuntamente a tramitación dos Orzamentos Xerais do Estado; unhas contas que a xuízo do dirixente socialista “non son as que España necesita” e que “minusvaloran a Galicia”.

“Os socialistas galegos cremos que o Partido Socialista ten que votar non”, recalcou, ante a evidencia de que se constata que a dereita “carece de folla de ruta para a estrutura produtiva do país” e que “non ten unha prioridade social marcada”, pois o gasto social medra nunha proporción “moito más reducida” que o conxunto da economía. En canto a Galicia, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que a inversión nas nosas infraestruturas está “por debaixo da media” das comunidades.

A isto se suma, como recordou o líder socialista, que o goberno de Rajoy consigna para Galicia pouco máis de 900 millóns de euros, unha cifra moi por baixo dos 1.500 millóns de euros que dedicaban os gobernos socialistas nos peores anos da crise e á que se chegaría de aceptar as emendas do PSOE. Non se esqueceu Gonzalo Caballero dos máis de 2.000 millóns de euros que a dereita non executou na nosa comunidade nos últimos catro anos a pesares de estar executados.

Así é que, “en total coordinación” co Grupo Parlamentario Socialista, o secretario xeral do PSdeG avalou o plantexamento de opoñerse ao PP para amosar que “o PSOE é a alternativa ao PP” e que “este país necesita un cambio que ten que vir pola esquerda”. “E o PSOE é o partido que referencia a esquerda en toda España”, resolveu, co foco posto “nos problemas do país”.

FALTA DE INVESTIMENTOS EN GALICIA

A continuación, o líder do PSdeG afeou á dereita o desleixo coas infraestruturas que precisa esta comunidade mentres “asistimos a unha campaña de márketing” de Rajoy, Feijóo e o ministro de Fomento “plantexando investimentos que non están orzamentados, que non teñen prazos e que non son cribles nin reais”.

Puxo como exemplo o compromiso de conectar a AP-9 coa Cidade da Cultura, a promesa do AVE a Lugo ou a nova vía entre Vigo e Porriño, e reclamou que o goberno sexa serio e os incorpore nos orzamentos con prazos e realismo.

“Cremos que o presidente da Xunta está nunha axenda propia de acción, buscando escalar posicións no recambio da dereita, dentro do PP, pero se esquece dos problemas dos galegos”, incidiu Gonzalo Caballero, quen asegurou que o PSdeG poñerá estas circunstancias “na axenda política” para que “os intereses dos galegos e das galegas estean nas cámaras parlamentarias”.

Gonzalo Caballero mantivo este mércores un encontro con Margarita Robles, no que estiveron presentes tamén a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, o secretario xeral do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso, Rafael Simancas, e varios deputados galegos, encabezados pola coordinadora, Pilar Cancela.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar