Oposición do PP a implantar o sistemas microinformáticos e redes no IES de Melide

Oposición do PP a implantar o sistemas microinformáticos e redes no IES de Melide

Oposición do PP a implantar o sistemas microinformáticos e redes no IES de Melide

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, cualificou hoxe de “incomprensible” que o PP teña vetado en Comisión parlamentaria unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para implantar o grao medio de sistemas microinformáticos e redes no IES de Melide.

O responsable socialista defendeu a proposta para instaurar neste centro unha proposta educativa con razóns obxectivas para un centro situado a 30 quilómetros da oferta semellante máis próxima dentro da provincia de A Coruña, no IES de Curtis.

Explicou que a comarca conta cunha natalidade estable e ademais o 78 por cento dos alumnos ocupados traballan en postos relacionados co seu ciclo, unha das porcentaxes máis altas de entre as distintas ramas profesionais. Ademais, o centro conta cos espazos necesarios para implantar este ciclo formativo, de acordo co decreto que regula este ciclo formativo.

Luis Álvarez censura a negativa do PP e do goberno galego a “calquera proposta para que a Consellería de Educación estableza criterios obxectivos, froito do consenso parlamentario, para deseñar unha rede de centros para o futuro do noso país”. Actualmente o IES de Melide conta coas ensinanzas de ESO, Bacharelato e ciclos formativos de grao básico e medio de carpintaría e moble.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar