Gonzalo Caballero esixe a Rajoy que "se rectifique a si mesmo" e palíe a "débeda histórica" do seu goberno coas infraestruturas galegas

Gonzalo Caballero esixe a Rajoy que "se rectifique a si mesmo" e palíe a "débeda histórica" do seu goberno coas infraestruturas galegas

Gonzalo Caballero esixe a Rajoy que “se rectifique a si mesmo” e palíe a “débeda histórica” do seu goberno coas infraestruturas galegas

O secretario xeral do PSdeG recorda en Vigo que a última visita do presidente foi para a “inauguración ficticia e fraudulenta” da ponte de Rande

 

Vigo, 2 de abril de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu este luns ao presidente do Goberno que “se rectifique a si mesmo” e palíe a “débeda histórica” que mantén coas infraestruturas galegas, nas que deixou de executar nos últimos catro anos máis de 2.000 millóns de euros que xa estaban orzados.

 

Con eses fondos, como recalcou o líder dos socialistas galegos nunha rolda de prensa en Vigo, a chegada do AVE a Galicia estaría “practicamente resolta”.

 

A esa “fraude” de non destinar o consignado ás infraestruturas galegas, que Rajoy perdeu a oportunidade de explicar aproveitando a súa presenza en Pontevedra, Gonzalo Caballero sumou a “inauguración ficticia e fraudulenta” da ponte de Rande que protagonizou o pasado mes de decembro.

 

Foi, dixo, “unha risotada” que Rajoy e Feijóo botaron na cara dos galegos, pois meses despois dese acto seguen as obras e as restricións no tráfico.

 

En paralelo, o secretario xeral do PSdeG recordou que os tramos en execución da A-57 que veu visitar nesta xornada foron “planificados polo goberno socialista” e non presentan “avances significativos”. “Rajoy non ten proxectos novos para Galicia”, enfatizou, e reclamou “un novo impulso” en materia de infraestruturas.

 

“BALANCE FONDAMENTE NEGATIVO”

 

Así as cousas, Gonzalo Caballero tachou de “fondamente negativo” o balance de inversións do goberno en Galicia trala chegada de Mariano Rajoy, pois os orzamentos e a súa execución eran “maiores” na etapa do goberno socialista pese á dureza da crise económica.

 

Por tanto, concluíu que Rajoy “vive dos réditos” do que deixou o anterior goberno e instoulle a “empezar a paliar” a súa decisión de “seguir dando as costas a Galicia”. “Porque o balance de Rajoy, coa complicidade de Feijóo, é o esquecemento das infraestruturas galegas”, censurou o secretario xeral do PSdeG.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar