Gonzalo Caballero critica que a Xustiza "está paralizada pola incompetencia de Rueda" e insta a Feijóo a asumir "directamente" a solución para os traballadores

Gonzalo Caballero critica que a Xustiza "está paralizada pola incompetencia de Rueda" e insta a Feijóo a asumir "directamente" a solución para os traballadores

Gonzalo Caballero critica que a Xustiza “está paralizada pola incompetencia de Rueda” e insta a Feijóo a asumir “directamente” a solución para os traballadores

O secretario xeral do PSdeG cree que o presidente “ten que esquecerse doutras prioridades, en clave máis persoal ou de partido” e dedicarse a resolver os “moitos focos de problemas” que se están vendo na rúa

 

Santiago, 24 de febreiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este sábado na manifestación convocada polos traballadores da Xustiza en Galicia, que están en folga dende o pasado día 7. Dende alí criticou que a “incompetencia” de Alfonso Rueda ten “paralizado” este servizo público, de xeito que instou a Feijóo a asumir “directamente” a negociación co persoal.

 

“A Xustiza necesita unha solución”, subliñou o líder dos socialistas galegos, para urxir ao presidente que solvente “a falta de vontade” e de “diálogo” que ten amosado o conselleiro. Agora, incidiu, esta situación “compete directamente a Feijóo”.

 

Así é que, nunha manifestación que reuniu milleiros de persoas en Compostela e que evidencia o “fracaso” da Xunta, Gonzalo Caballero advertiu de que “non se pode manter” a situación de “falta de negociación” e requiriu dar “unha solución aos traballadores que reclaman igualdade de condicións” con respecto ao mesmo colectivo noutras comunidades.

 

Acompañado por membros da executiva e pola portavoz de Xustiza no Parlamento, Patricia Vilán, o secretario xeral do PSdeG esixiu a Feijóo que “se involucre e dea solucións” aos empregados do sector da Xustiza.

 

Sobre todo, segundo dixo, porque ten xa “moitos focos de problemas” –“na sanidade, na xustiza, nas pensións…”— que poñen de manifesto a súa “debilidade”. “Feijóo ten que esquecerse doutras prioridades en clave máis persoal ou de partido, e resolver os problemas de Galicia”, selou Gonzalo Caballero, antes de garantir que os socialistas estarán “cos traballadores” e reclamando á Xunta que “dialogue” con eles.

psdeg

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar