Gonzalo Caballero cre que Suso Mosquera ten que ser unha "semente do que hai que seguir facendo para conseguir unha Galicia mellor"

Gonzalo Caballero cre que Suso Mosquera ten que ser unha "semente do que hai que seguir facendo para conseguir unha Galicia mellor"

Gonzalo Caballero cre que Suso Mosquera ten que ser unha “semente do que hai que seguir facendo para conseguir unha Galicia mellor”

O secretario xeral participa na homenaxe a quen foi militante socialista e líder da UXT durante 25 anos xunto cos expresidentes da Xunta Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe e os líderes uxetistas Pepe Álvarez e José Antonio Gómez

 

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, louvou hoxe a traxectoria de Suso Mosquera, histórico militante socialista e líder da UXT durante 25 anos, e expresou o seu desexo de que o seu exemplo sexa “unha semente do que hai que seguir facendo para conseguir unha Galicia mellor”.

 

Así o dixo durante a súa intervención na homenaxe a Suso Mosquera, ao que acudiron, entre outros, os expresidentes da Xunta Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe; así como o líder de UGT, Pepe Álvarez; o secretario xeral da UXT, José Antonio Gómez; e os dirixentes da Fundación Luís Tilve.

 

“Foi un exemplo de sindicalismo de clase, de defensa da clase traballadora e de socialista comprometido con Galicia”, destacou o máximo dirixente do PSdeG, quen subliñou que o nome de Suso Mosquera, falecido o pasado mes de febreiro, quedará escrito “na historia de Galicia con letras maiúsculas”.

 

E é que, segundo as súas palabras, “o traballo de Suso Mosquera nos enche de orgullo a todos os galegos”, por ser “un sindicalista comprometido” e que “antepuxo os intereses de clase por riba dos intereses persoais”. “Deu o mellor da súa vida para traballar en defensa de Galicia”, finalizou o líder socialistas galegos.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar