O Goberno galego "non entendeu nada" da mensaxe das mulleres no pasado 8 de marzo

O Goberno galego "non entendeu nada" da mensaxe das mulleres no pasado 8 de marzo

O Goberno galego “non entendeu nada” da mensaxe das mulleres no pasado 8 de marzo

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, lamentou hoxe que o goberno galego “non teña entendido nada” da mensaxe lanzada polas mulleres galegas mobilizadas no pasado 8 de marzo. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na que sinalou que “a igualdade non é para alardear nin para poñer medidas no papel” e urxiu un “cambio de rumbo” nas políticas de igualdade.

Lamentou que a única resposta do goberno galego teña sido “relatar medidas e plans de igualdade que o deixaron tranquilo e cheo de mérito” mentres persisten nunha estratexia “ineficaz” na loita pola igualdade. Censurou que intenten agora “lavar a súa conciencia anunciando unha Lei de Conciliación” logo de ter ninguneado as medidas de dependencia, igualdade ou a Lei do Traballo en Igualdade aprobada polo goberno de Touriño.

Apuntou que “non queremos contos, nin promesas, nin plans, nin medidas por facer que supoñen apostar a cabalo perdedor” e urxiu a “reconsiderar o rumbo, porque nada estase a mover na boa dirección”. Apuntou que resulta “difícil de entender se non están implicados nin motivados co que fan”, aludindo ás declaracións do secretario xeral do PP tildando de “machista” e de “guerra de sexos” á convocatoria de folga das mulleres.

100 anos de desigualdade

Pierres presentou a evolución dos salarios e das pensións medias, coas “mulleres sempre por debaixo e sempre en paralelo”, mentres nos contratos a tempo parcial “aí é no único no que as mulleres estamos por arriba”. Reivindicou “camiñar en igualdade cunha soa liña ascendente” para acadar unha igualdade que tardará 100 anos ao ritmo actual, de acordo co Foro Económico Mundial.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar