Fomento debe compensar polo sobrecuste das peaxes en Galicia

Fomento debe compensar polo sobrecuste das peaxes en Galicia

Fomento debe compensar polo sobrecuste das peaxes en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe que o Ministerio de Fomento compense as elevadas peaxes das autoestradas de Galicia. Así o sinalaba unha emenda -incorporada a unha moción de En Marea- pedíndolle á Xunta que negocie co Goberno as compensacións que lle supuxo a ampliación da concesión da AP-9, pero que foi rexeitada polo PP, así como nunha emenda a unha proposición non de Lei do BNG que se votará mañá.

Fernández Leiceaga lembra que a ampliación da concesión ata 2048 produciuse en 2003, con Álvarez Cascos como ministro e Feijóo como conselleiro de Política Territorial, que relevou a Cuíña no que “hai quen di que foi unha substitución necesaria para que a sinatura se producira”.

Advertiu que en 3 anos “na maior parte de España non existirán as autoestradas que Galicia terá durante 25 anos máis a un prezo demasiado alto que compromete a competitividade e a calidade de vida”. Dixo que “daqueles polvos veñen estes lodos”, e reivindicou un acordo con Fomento para rebaixar estas peaxes “excesivas”.

Os socialistas apuntan tamén á decisión “excesivamente gravosa” da ministra Ana Pastor, que no ano 2012 “refrendou e ampliou” o convenio asinado no ano anterior subindo o IVE aplicado ás autoestradas e retirando a bonificación do 7 por cento, subindo adicionalmente as peaxes galegas “ate hoxe”.

Fernández Leiceaga reclamoulle ao goberno que lle esixa ao Goberno do Estado que recupere a redución das tarifas dun 7 por cento, e que negocie coa concesionaria para que sexa Fomento quen asuma as obras de ampliación daquel protocolo asinado por Ana Pastor evitando a suba do 1 por cento anual dende 2018.

Tamén engadiu un apartado para “deplorar a ampliación da concesión ate o ano 2048” e instar á Xunta de Galicia a “negociar co Goberno de España as compensacións dos aforros e ingresos para os Orzamentos Xerais do Estado que supuxo esta medida”.

Comisión de Estudo

Reclamou ademais constitución dunha Comisión de Estudo do Parlamento para racionalizar a situación “caótica” das peaxes nas autoestradas galegas. Explicou que hoxe conviven na mesma rede estradas de distinta titularidade nos que conviven tramos bonificados con outros estritamente de pago, e autoestradas con tramos gratuítos pero asumidos por subas no resto das peaxes.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar