Feijóo, campión da demolición sanitaria tamén en Ourense

Feijóo, campión da demolición sanitaria tamén en Ourense

Feijóo, campión da demolición sanitaria tamén en Ourense

A deputada socialista Noela Blanco cualificou hoxe a Feijóo de “campión da demolición da sanidade pública de Ourense” logo do “despropósito” de “destinar fondos públicos a reducir camas hospitalarias”. Aludiu á construción dun “moderno edificio con wifi e xardín pero con condicións decimonónicas e sobrecargando ao persoal”.

A responsable socialista visitou hoxe aos representantes da Comisión de Centro do Hospital, que levan 48 horas pechados en sinal de protesta. Blanco explicoulles que diante da negativa do goberno galego a recibilos, lle presentará ela mesma as súas demandas e as mentiras da Consellería sobre a sanidade de Ourense a través dunha pregunta oral no Pleno da próxima semana.

Criticou que diante desta “situación gravísima”, a delegada do Goberno na provincia “estea de postureo en Fitur”, demostrando unha actitude “indignante” ao “confundir maioría absoluta con absolutismo”. Fixo un chamamento para que ela mesma asuma o papel de mediadora e “veña a escoitar aos traballadores e traballadoras e defenda Ourense, demostrando como dicía en campaña que é militante da provincia e non do PP”.

Demolición controlada

Noela Blanco acusou ao presidente da Xunta de utilizar ao conselleiro de Sanidade e aos xerentes das áreas sanitarias como “peóns que actúan no seu nome na demolición controlada” da sanidade pública da provincia.

A situación da última reforma do edificio supón “un paso máis nesta liña” logo da redución da cirurxía pediátrica, a exclusión na provincia do servizo de hemodinámica 24 horas ou as inasumibles listas de espera en atención primaria.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar