Empresas vencelladas co financiamento do PP e malos tratos optan á xestión do Centro de Menores de Montealegre

Empresas vencelladas co financiamento do PP e malos tratos optan á xestión do Centro de Menores de Montealegre

Empresas vencelladas co financiamento do PP e malos tratos optan á xestión do Centro de Menores de Montealegre

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, alertou hoxe das consecuencias perversas da privatización da xestión do Centro de Menores de Montealegre, en Ourense. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Pleno na que advertiu que as empresas que se presentaron á convocatoria inclúen entidades implicadas no financiamento irregular do PP, malos tratos a menores ou explotación laboral.

Blanco ao conselleiro de Política Social que “compareza para explicar” por que optou pola “actitude irresponsable de privatizar o que debera ser o máis sagrado para un goberno, como é a protección aos menores”, nunha intervención á que asistiron representantes do comité de empresa de Política Social de Ourense. Así o dixo logo de coñecer ás cinco entidades que optan á xestión, entre as que se atopa a Asociación para Gestión de Integración Social –Ginso-.

Lembrou que o propio Francisco Granados –PP- presentou facturas falsas daquela empresa para acreditar o financiamento ilegal do PP de Madrid para pagar as campañas de 2007 e 2011. Ademais, un dos centros de menores que xestiona ten recibido unha denuncia fronte ao Consello de Europa por malos tratos aos menores.

Outra delas, a Asociación Dianova, xestiona centros de acollida de refuxiados denunciados por Acnur, Amnistía Internacional e o propio Defensor del Pueblo por maltrato e impedimentos para escolarizar aos nenos. A terceira delas, Consulting Asistencial Sociosanitario, ademais de gañar a xestión dos centros de menores de Madrid, publicou en internet ofertas de traballo para este centro antes de que se publicara a licitación.

Finalmente, a Fundación Diagrama está presuntamente implicada no falecemento dun menor nun centro de menores de Melilla, e a última das cinco, a asociación para el desarrollo y la integración social, ten “casos gravísimos de maltrato que se están estudando”.

Avestruz

A parlamentaria socialista emprazou ao conselleiro a “deixar de facer o avestruz” e dar conta desta decisión diante da Cámara autonómica, logo de que, lembrou, na súa comparecencia para dar conta da xestión en protección de menores agochara a privatización de Montealegre, que foi publicada no DOG apenas 9 días despois.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar