A desidia da Xunta impide a limpeza dos montes veciñais fronte aos lumes

A desidia da Xunta impide a limpeza dos montes veciñais fronte aos lumes

A desidia da Xunta impide a limpeza dos montes veciñais fronte aos lumes

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, dixo hoxe que a “falla de dilixencia” e “desidia” do goberno galego impiden a limpeza dos montes veciñais de Galicia, agravando o impacto dos lumes forestais. Así o dixo no debate dunha Interpelación que foi presentada no Pleno do Parlamento celebrado hoxe.

O responsable socialista apunta que o retraso na convocatoria, que no último ano se retrasou ata decembro, e a lentitude na concesión das axudas, ata ben entrado o mes de maio, provoca que as beneficiarias teñen que comezar cos traballos nos meses de xuño ou mesmo xullo, en pleno período de alto risco de incendios.

Quiroga lembrou que a limpeza e desbroce dos montes “debe realizarse a finais do inverno e comezos da primavera, e advertiu que “non é o verán a mellor época” para executar estas tarefas. Sinalou que ese é o principal motivo para que “medidas con bo enfoque non se poidan executar adecuadamente”.

Explicou que, como consecuencia do desleixo do goberno galego, as comunidades de montes atópanse con só 4 meses para desenvolver os traballos de limpeza, entre xullo e o 31 de outubro -data límite incluíndo a prórroga prevista-, cando a partir do 1 de xullo está prohibido desenvolver traballos con maquinaria por perigo de incendio.

A consecuencia é que só son executados o 25 por cento dos fondos destinados para a prevención de incendios, que só 126 expedientes dun total de 399 aprobados estaban dispostos para ser executados a finais de xullo, a punto de entrar na época de máximo risco de incendios. Por iso, remachou, “en setembro tan só fora limpado o 20 por cento da superficie do monte ourensá que lle corresponde á Xunta”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar