Conexión entre o enlace orbital de Santiago e a variante de Aradas

Conexión entre o enlace orbital de Santiago e a variante de Aradas

Conexión entre o enlace orbital de Santiago e a variante de Aradas

O deputado socialista Xoaquín Fernández Leiceaga reclamoulle hoxe ao goberno galego a construción dunha nova conexión a través dun “orbitaliño” entre o futuro enlace orbital de Santiago e a variante de Aradas. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión na que lamentou a “falla de compromiso específico” do goberno galego que demostrouse “moi pouco transparente”.

O responsable socialista sinalou a urxencia deste novo viario, que completaría unha acaída conexión perimetral na cidade e permitiría desconxestionar o tráfico do interior do Polígono do Tambre. Este viario uniría a variante de Aradas co enlace orbital, concibido para mellorar as conexións da AP-9 coa autovía de Lavacolla e coa N-550 -os dous previstos para no entorno de 2020- por unha vía alternativa salvando o traxecto polo interior do Polígono.

De iniciar agora o proxecto, dixo, nun prazo de dous anos podería terse completado esta conexión que resolvería o previsible incremento de circulación no interior do Polígono do Tambre pola variante de Aradas. Explicou que a variante deriva o tráfico entre o Polígono e a Estrada a Santa Comba que actualmente pasa por Vista Alegre e Vite, pero aumenta a presión no interior da zona industrial.

Todos estes vehículos desembocarán na conexión da variante co Polígono, á altura do cruce entre Marconi e Nobel, unha situación que sería resolta cunha nova conexión que permitiría “unha circulación máis fluída e ordenada, reducindo a presión sobre o interior do Polígono”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar