A Comisión de Incendios nace "coxa" e devaluada polo PP "ata estremos dificilmente xustificables

A Comisión de Incendios nace "coxa" e devaluada polo PP "ata estremos dificilmente xustificables

A Comisión de Incendios nace “coxa” e devaluada polo PP “ata estremos dificilmente xustificables

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe os esforzos do PP por “devaluar” o Plan de Traballo da Comisión de Estudo sobre os incendios xudiciais “ata estremos que non parecen xustificables”. Así o dixo na sesión do órgano, que aprobou o plan de traballo co voto en contra dos socialistas ao impedir a comparecencia de Feijóo, Rueda ou a conselleira Mato.

Os representantes socialistas no dito órgano, o portavoz e o responsable de Política Forestal, José Antonio Quiroga, sinalaron as “carencias importantes” dun plan de traballo que elude deliberadamente os “puntos sensibles” da política de extinción e prevención de incendios do goberno galego. Consideran que este motivo provoca unha concepción con importantes “taras” e un plan de traballo “coxo”.

O PP negouse a incorporar ao presidente da Xunta, ao máximo responsable dos servizos de emerxencias, que é o vicepresidente da Presidencia, ou da conselleira de Medio Ambiente.

Terrorismo incendiario

Fernández Leiceaga amosou ademais a súa sorpresa polo escaso esforzo realizado polo PP e o goberno galego á hora de engadir os informes para estudar as causas confrontar diferentes teses que permitiran acreditar ou non a existencia do terrorismo incendiario. Lembrou o termo acuñado, pero nunca demostrado, polo presidente da Xunta para explicar a vaga de lumes que en outubro calcinou 49.000 hectáreas e acabou coa vida de catro persoas.

Así, negáronse a incorporar o informe da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Glaicia sobre as persoas postas a disposición xudicial e as dilixencias xudiciais ao respecto, o informe do TSXG. Tampouco quixeron solicitar a relación de casos xudiciais por motivos de incendios forestais nos que se personou a Xunta ou as condenas e sancións por motivos de incendios forestais, sinalando aqueles nos que se personou o Goberno galego.

Si que foron incorporadas sen embargo as peticións dos socialistas galegos para solicitar a comparecencia do Fiscal Especial de Medio Ambiente, o delegado do Goberno ou os alcaldes de Carballeda de Avia, Cervantes, As Neves e Nigrán, os concellos máis afectados pola vaga de lumes. Tamén serán chamados os responsables dos sindicatos Unións Agrarias, CC.OO., UGT e CIG.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar