A Xunta suprime de forma irregular a terceira aula do CEIP Padre Feijóo de Allariz

A Xunta suprime de forma irregular a terceira aula do CEIP Padre Feijóo de Allariz

A Xunta suprime de forma irregular a terceira aula do CEIP Padre Feijóo de Allariz

A parlamentaria socialista Noela Blanco presentou hoxe unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que manteña 3 aulas no segundo ciclo de Educación Infantil no CEIP Padre Feijóo de Allariz. A responsable socialista sinala que a decisión a Xunta de reducir a 2 aulas incumpre co decreto que fixa en 25 alumnos o número máximo para cada unidade escolar.

Blanco explicou que a día de hoxe hai 51 alumnos e alumnas matriculados, o que excede o baremo legalmente establecido para só dúas aulas, dificulta as previsibles matriculacións que se poidan producir en setembro e ao longo do curso e disuade ás familias de incorporar aos seus fillos ao centro obrigando a buscar alternativas.

A parlamentaria ourensá comparou esta situación coa “estratexia” seguida polo goberno galego na escola infantil de Allariz, con tan poucas prazas que deixou a nove familias na lista de agarda e obrigou aos nenos e nenas a unha diáspora forzada ás escolas dos concellos veciños.

Apuntou que este modelo de xestión vai contra a fixación de poboación do impulso do rural e de fomentar a recuperación demográfica cando en lugar de premiar, castiga ás familias dun Concello que rompe coa tendencia de caída da poboación de toda a provincia.

Allariz ten unha das porcentaxes máis altas da provincia de poboación menor de vinte anos, así como un alto número de nacementos para un concello de menos de 10.000 habitantes, 38 no ano 2015.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar