Categorías: Actualidade

Paloma Castro acusa á Xunta de “maltratar a Vilagarcía” ao retirar no verán a ambulancia do Salnés para desprazala a Sanxenxo

Critica o voto do PP en contra de reforzar o servizo no Centro de Saúde de Baltar no período estival mantendo a ambulancia asignada ao Hospital do Salnés

 

A parlamentaria socialista Paloma Castro acusou á Xunta de “maltratar a Vilagarcía” ao retirarlle a ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés para desprazala ao Centro de Saúde de Baltar -Sanxenxo- no período estival. Castro criticou o voto en contra do PP á proposta que presentou hoxe na Comisión de Sanidade para que o Sergas se comprometa a habilitar no verán unha ambulancia a Sanxenxo mantendo a adscrita ao centro hospitalario.

 

A responsable socialista denunciou que o goberno galego leva varios anos “desvestindo un santo para vestir outro” ao trasladar a ambulancia do Hospital ao centro médico de Baltar, “deixando polo tanto ao Concello de Vilagarcía e limítrofes sen ambulancia medicalizada”. Lembra que o incremento de poboación no verán “non é unha circunstancia única de Sanxenxo”, e que se repite nos concellos do Salnés, e explicou que Vilagarcía recibiu este ano un 15 por cento máis de turistas.

 

Acusou ao goberno galego de “priorizar uns concellos fronte aos outros, e garantir nestes primeiros unha mellor atención aos turistas”, desatendendo o principio de equidade entre os territorios ao tomar unha decisión que, a costa de desprazar o servizo a Sanxenxo, deixa desprotexida á poboación de Vilagarcía, A Illa, Vilanova, Caldas de Reis, Catoira ou Valga.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia a opacidade da Sociedade Impulsa e reclama unha estratexia contra a corrupción: “Advertímolo dende o primeiro día, algo cheiraba mal”

A deputada Patricia Iglesias avanza que van solicitar, un por un, todos os expedientes relacionados…

06/07/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro advirte que a dereita quere impugnar os avances dos últimos sete anos e chama a relanzar o proxecto de goberno coa igualdade no centro de acción política

O secretario xeral do PSdeG aposta por relanzar a acción de Goberno, tomar a iniciativa…

05/07/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro: “Este Comité Federal é unha oportunidade para reorganizarnos e reforzarnos como partido

O secretario xeral do PSdeG participa este sábado en Madrid no Comité Federal do PSOE,…

04/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista esixe dende o Parlamento a paralización inmediata do traslado do servizo de partos ao novo paritorio provisional do CHUO

Carmen R. Dacosta presenta unha batería de iniciativas parlamentarias para frear a decisión do Sergas…

04/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao responsable da loita contra a violencia de xénero de “secundar a vergoñenta resposta do goberno galego” diante do “Caso Villares”

Paloma Castro critica que o presidente da Xunta respondera a unha denuncia por agresión sexual…

04/07/2025
  • Actualidade

Lara Méndez: “Se o PP fose coherente, a súa ponencia titularñiase “programa para desmantelar dereitos e sementar odio”

A secretaria de Organización do PSdeG denunciou que o PP “quere borrar o galego”, pretendendo…

03/07/2025