Sobre as decisións tomadas pola dirección federal do PSOE e polo seu secretario xeral, Besteiro foi claro: “Cando hai posibles casos de corrupción, hai que actuar, hai que asumir responsabilidades e tomar decisións. Non vale agocharse nin buscar escusas. Esa é a diferenza entre uns e outros”
O líder dos socialistas galegos insistiu en que “durante anos neste país houbo quen entendeu o poder como algo ao servizo dun partido e non como un servizo público. Esa foi a forma de gobernar do PP, e contra iso levamos moito tempo traballando desde a firmeza e a honestidade”
“Somos un partido de persoas que traballan con honestidade e que teñen moi claro para que estamos na política: para defender uns valores e servir á xente”, sinalou esta tarde José Ramón Gómez Besteiro logo da intervención do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez.
Sobre as decisións tomadas pola dirección federal do PSOE e polo seu secretario xeral, Besteiro foi claro: “Cando hai posibles casos de corrupción, hai que actuar, hai que asumir responsabilidades e tomar decisións. Non vale agocharse nin buscar escusas. Esa é a diferenza entre uns e outros”.
O secretario xeral do PSdeG lembrou tamén que “a dirección federal xa anunciou unha auditoría externa e unha comisión de investigación no Congreso para aclarar o sucedido con total transparencia. A xente merece saber a verdade, merece ter garantías e merece ter confianza nas institucións”.
Besteiro insistiu en que “durante anos neste país houbo quen entendeu o poder como algo ao servizo dun partido e non como un servizo público. Esa foi a forma de gobernar do PP, e contra iso levamos moito tempo traballando desde a firmeza e a honestidade”.
“Nós temos moi claro que quen non cumpra cos valores de honestidade e decencia non pode formar parte deste proxecto. E cando toca revisar o que sucede dentro, facémolo sen escusas e asumindo as consecuencias, como sempre fixemos”, afirmou.
Mentres, engadiu, “outros tentan desviar a atención, sinalar aos demais e agochar os seus propios casos, que tamén están ben presentes en Galicia e noutras administracións. Nós seguimos facendo política limpa, útil e centrada na maioría social”.
Besteiro concluíu recordando que “o noso compromiso está coas persoas, coa política feita desde a decencia e desde a responsabilidade. Esa é a nosa forma de entender o servizo público e así seguiremos facéndoo”.