Categorías: Actualidade

O PSdeG advirte que Rueda comete un “erro histórico contrario ao sentido común” ao levantarse da xuntanza do CPFF

Abel Losada esíxelle ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Facenda que “se preocupen máis pola economía de Galicia en lugar de dar paus de cego partidistas mesmo cando lles ofrecen perdoar os pufos” da súa xestión

 

Cualifica de “traxicómico” que o PP presente como un agravio que o goberno estea disposto a perdoarlle os seus “pufos”

 

O responsable de Economía da Executiva do PSdeG, Abel Losada, cualificou o abandono de Galicia da reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira -CPFF- constitúe unha “farsa convertida en traxedia”. Empraza ao presidente da Xunta a explicar a “actuación deshonesta” de marchar onte da reunión do CPFF, que constitúe “tomarlle o pelo aos cidadáns no seu seguidismo dos xiros dialéctico – políticos de Feijóo que ninguén entende”.

 

Criticou a “irresponsabilidade” do goberno galego, que anuncia a oposición á condonación de 4.000 millóns de euros de débeda que servirían para reforzar os servizos públicos de Galicia para despois renunciar á súa obriga de participar na xuntanza do CPFF. Losada cualificou de “inaudita” a posición do goberno galego, que comete un “erro histórico contrario ao sentido común” e o presenta “tutelado e axeonllado” fronte ás directrices do seu partido.

 

Advertiu que resulta “triste” que o presidente de Galicia “careza de criterio propio”, o que só empeora ao constatar que “fai coincidir os intereses de Galicia cos de Feijóo, que xa todos sabemos que un día defende unha cousa e ao seguinte a contraria”, como sucedeu co decreto ómnibus. Reclamoulles a Rueda e ao conselleiro de Facenda que “se preocupen un pouco máis de Galicia en lugar de dar paus de cego partidistas para tentar de confrontar con todo”.

 

Cualificou de “traxicómico” que tanto o presidente como o conselleiro “traten de presentar como un agravio que o goberno lles teña ofrecido unha quita de 4.000 millóns de euros” da débeda de Galicia que, apuntillou, “supón que lles están a perdoar os seus pufos”, en alusión á multiplicación da débeda de Galicia dende que o PP chegou ao goberno en 2009.

 

Engadiu que os intentos do conselleiro e do presidente da Xunta por “tentar de convencernos de que se á Xunta lle perdoan 4.000 millóns de euros iso incrementa a débeda en 500 millóns” resultan  “directamente cómicos, dignos dun sketch de Barrio Sésamo”. Ademais, ironizou coa argumentación “conmovedora” de Corgos para amosarse “preocupado ata o extremo da situación económica de España ata o punto de renunciar coa boca pequena á quita da débeda”.

 

Abel Losada quixo tranquilizar ao conselleiro sobre a situación económica de España, que está a ser “a mellor dos últimos anos, como saben mesmo a UE e a OCDE”, e que é aplaudida como “exemplo de boa xestión” mesmo polas “biblias liberais de economía como o Financial Times”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro: “A negativa a negociar o financiamento non sae de San Caetano, sae de Génova e consuma a traizón de Rueda a Galicia”

O secretario xeral do PSdeG acusou ao presidente galego de “baixar a cabeza ante Feijóo…

19/01/2026
  • Actualidade

O PSdeG propón crear un Observatorio da Morte Digna tras o aumento histórico dos testamentos vitais en Galicia

A iniciativa, rexistrada por Elena Espinosa no Parlamento galego, vincula o crecemento da demanda co…

17/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza á Xunta a colaborar e corresponsabilizarse coa aplicación do acordo con Mercosur con medidas de apoio á gandería

Lara Méndez reclama “responsabilidade, rigor e firmeza” das administracións, que deben garantir a eficiencia nos…

16/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle a Medio Rural que levante o “bloqueo político” á nova Lei contra os incendios forestais “antes de que sexa demasiado tarde”

Carmen R. Dacosta sinala que a política contra os incendios “non se corrixe con cambios…

16/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de “poñerse de perfil e mirar para outro lado” diante do problema da expansión do xabaril

Lara Méndez reclama un Plan integral de control da especie e axudas ás persoas afectadas…

16/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de agochar os informes de inspección dos centros sanitarios e residenciais privados e concertados

Elena Espinosa empraza a Sanidade e Política Social a reforzar o persoal inspector e presentar…

15/01/2026