Categorías: Actualidade

O PSdeG advirte que a exclusión do lobo do LESPRE non cambiará a situación en Galicia “porque a Xunta é incapaz de facer o seu traballo, como demostrou no pasado

Os socialistas destacan que os problemas  xa existían e persistiron debido á incapacidade da Xunta para xestionar a coexistencia entre a fauna salvaxe e a actividade agrogandeira

A realidade, denuncian dende o PSdeG, é que entre 2013 e 2021, cando o lobo non contaba cunha protección especial, a Xunta apenas autorizou batidas específicas contra a especie

O PSdeG lamenta a hipocrisía do PP na votación celebrada hoxe no Congreso que permite a saída do lobo do LESPRE, unha medida que, aseguran non modificará a situación en Galicia porque cando pode xestionar o PP nunca o fai, como quedou demostrado cos datos anteriores a 2021, cando o lobo no estaba incluido no Listado.

Tal e como evidencian os datos oficiais, antes da inclusión do lobo no LESPRE en 2021, os problemas da gandería galega xa existían e persistiron debido á incapacidade da Xunta para xestionar a coexistencia entre a fauna salvaxe e a actividade agrogandeira. A realidade é que entre 2013 e 2021, cando o lobo non contaba cunha protección especial, a Xunta apenas autorizou batidas específicas contra a especie, o que demostra que o problema non era a normativa de protección, senón a ausencia de medidas efectivas.

Desde o PSdeG lembran que a experiencia europea indica que a clave para garantir a convivencia entre lobos e gandería é unha combinación de prevención, compensacións rápidas e controis puntuais, aspectos que a Xunta nunca implementou de maneira adecuada. Galicia foi a única comunidade autónoma que se negou a asinar o Plan Nacional de Xestión do Lobo, quedando así fóra das axudas estatais destinadas a medidas de prevención e compensación nos anos 2022 e 2023.

Dende o PSdeG  acusan ao PP  de buscar desviar a atención da súa falla de xestión, en lugar de poñer en marcha políticas efectivas para protexer a gandaría galega.

A realidade é que o impacto do lobo sobre a gandería en Galicia pode ser mitigado con medidas adecuadas, sinalan os e as socialistas. “Mentres Asturias e Castela e León incrementaron os seus fondos para a prevención de ataques mediante a instalación de valados ou o uso de mastíns, Galicia quedou á cola na súa resposta. Os ataques ao gando non aumentaron de igual maneira en todo o territorio galego, senón que se concentran en zonas con menos medidas de protección, o que indica que o problema radica na xestión e non na poboación de lobos”.

Neste sentido, critican que a Xunta do PP tivo anos para actuar e non o fixo: “Se os ataques aumentaron, a responsabilidade recae no Goberno galego, que non implementou os plans de control e prevención necesarios. O problema non é a protección do lobo, senón a inacción da Xunta de Galicia para garantir unha convivencia efectiva entre a gandería e a fauna salvaxe”.

Desde o PSdeG seguirán defendendo un modelo de xestión “baseado na evidencia científica, no apoio á gandería e na protección do noso patrimonio natural, fronte a unha Xunta que prefire mirar cara outro lado e utilizar este debate con fins partidistas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Torrado carga contra o plan de Rueda para as baixas: “En vez de preocuparse polas causas, ataca a traballadores e sanitarios”

Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que “a saúde mental en Galicia é un dereito privatizado” reservado “a quen pode pagarse unha consulta”

Julio Torrado critica que o PP acepta esperas de un ano para Psicoloxía “porque non…

22/04/2026
  • Actualidade

Dacosta: “Brigadas de 1.200 euros e tres meses de contrato mentres 200 millóns de prevención quedan sen executar, así funciona o PP”

A deputada denuncia que as franxas secundarias comprometidas no convenio de 2025 quedaron sen limpar.…

22/04/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia a “censura franquista” da Xunta a un encontro de educadores por falar do xenocidio de Gaza

Aitor Bouza critica que o Goberno galego alegue unha pretendida falta de neutralidade ideolóxica para…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia “uso discrecional e partidista” do canon da auga por parte do PP e esixe reverter a metade da recadación nos concellos de orixe

Lara Méndez denuncia que a Xunta utiliza aos Concellos como “cobradores do frac” para recadar…

21/04/2026
  • Actualidade

Lara Méndez critica a convocatoria dunha praza pública da Xunta que “parece feita á medida” da concelleira tránsfuga de Lugo, e que de demostrarse “non é política: é corrupción”

Cualifica de “indecencia” o “mercadeo en directo” por parte do PP para impulsar unha moción…

21/04/2026