Julio Abalde acusa ao PP de actuar como a “catástrofe” do sector por deixalo esquecido nos últimos 16 anos
A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe parcialmente a proposta do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta apoio ao sector marisqueiro, pero no que o PP negouse a incorporar axudas e compensacións directas. O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Abalde, lamentou a falla de compromiso do goberno galego para poñer axudas enriba da mesa, demostrando que “non están dispostos a traballar pola permanencia dos traballadores e traballadoras do mar”.
O responsable socialista dixo que “a catástrofe do sector non foron as choivas, foi o PP destes últimos 16 anos”, nos que deixou aos mariscadores e mariscadoras galegos “esquecidos” durante anos, deixando axudas extraordinarias sen executar e a boa parte dos traballadores e traballadoras “abandonados sen axudas de ningún tipo”.
Abalde puxo como exemplo do desleixo da Xunta que deixaran sen gastar 50 millóns de euros do anterior Fondo Europeo Marítimo e da Pesca -Femp-, e esixiulles que executen os máis de 400 millóns de euros que Galicia vai ter procedente do actual Fempa. Advertiu neste sentido que as partidas que perda Galicia pola incompetencia do goberno galego serán utilizadas polo goberno central para outras funcións.
A proposta aprobada hoxe si que incorporou pedirlle á Xunta que se poña en marcha para impulsar o relevo xeracional no marisqueo e frear a perda continuada de traballadores e traballadoras, incluíndo actividades de información, formación e incentivo á incorporación ao sector.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a: