A vicevoceira do Grupo Socialista esixe á Xunta que “cumpra á maior brevidade co compromiso ao que chegou co PSdeG” de arranxar un tramo de 500 metros á altura de Estribela
Critica o “estado de abandono e desleixo” da vía por parte da Xunta que fai unha “política de discriminación cos concellos de diferente cor política”
A vicevoceira do Grupo Socialista vén de urxir á Xunta de Galicia a mellorar a seguridade viaria da estrada vella Pontevedra-Marín PO-546, xa que se atopa nun “estado de abandono e desleixo”. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Obras Públicas do Parlamento, a través da presentación dunha pregunta.
Castro a lamentou que esta estrada “é un claro exemplo da política do PP na provincia de Pontevedra”, que se basea na “discriminación do goberno galego cos concellos de diferente cor política”, xa que en 11 anos do PP non houbo “nin unha sola actuación importante no tramo pontevedrés de Mollavao-Ponte Muíños, A Igrexa, O Rozo, Os Praceres e Estribela”, malia tratarse de “importantes núcleos de poboación”.
A responsable socialista sinalou que esta estrada se atopa en “condicións lamentables, co firme en mal estado, fochas, liñas desdebulladas, curvas con escasa visibilidade” e “falla de luminaria”. Ademais, criticou que algunhas zonas carecen de beirarrúas, o que obriga aos peóns a transitar pola marxe da estrada e, onde as hai, se atopan “en mal estado” con “lousas levantadas” e “invadidas de silvas e herbas”.
Castro exisiu á Xunta de Galicia que “cumpra á maior brevidade co compromiso ao que chegou hoxe” co PSdeG durante á comisión, onde anunciou que arranxarán un tramo de 500 metros á altura de Estribela.
Neste senso, a vicevoceira do Grupo Socialista lembrou que esta vía ten “gran importancia para o tránsito comercial”, xa que por ela transcorren, ademais de vehículos particulares, autobuses, ciclistas, peóns e uns 200 camións de gran tonelaxe que entran e saen diariamente de Ence.
“Creo que Galicia somos todos e, polo tanto, tamén merecemos unha estrada en condicións onde se garanta a seguridade viaria”, sentenciou a socialista.
Por último, Castro lembrou que a as competencias en materia de “conservación e mantemento das estradas autonómicas” é da Xunta de Galicia e “a Veciñanza xa non aguanta máis, están fartos”.