Leticia Gallego urxe á Xunta a activar a Lei de Emerxencias e aprobar un Decreto de axudas polos graves danos sufridos no principio de ano
A viceportavoz do Grupo Socialista, Leticia Gallego, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que aprobe un Decreto de axudas urxentes para os concellos que sufriron danos polos temporais de principios de ano. Gallego urxe á Xunta que active a emerxencia de interese galego recollida na Lei de Emerxencias para axudar aos concellos.
A parlamentaria socialista reclama axudas aos concellos, sinaladamente os da provincia de Pontevedra, polas desfeitas ocasionadas polo tren de borrascas que se veñen rexistrando dende o inicio de ano. Reclámalle ao goberno galego que acometa “de forma inmediata” a reparación dos danos nas zonas afectadas polas inundacións”, diante do perigo que representan, agravado pola continuidade dos episodios de mal tempo no que levamos de ano.
Apunta que os temporais de choiva e vento reflicten “tódolos requisitos establecidos pola Lei de Emerxencias de Galicia 5/2007 para que o Consello da Xunta aprobe a emerxencia de interese galego e habilite as modificacións orzamentarias necesarias, tal e como establece o artigo 36 deste texto legal”.
Sinala que “dado a envergadura dos danos, a orixe natural dos mesmos e nas zonas nas que se produciron, afectando a moitos concellos, consideramos que é necesario actuar con urxencia nestes municipios”. Alerta de que as erosións provocadas pola auga provocaron “derrubes e colapsos, algúns deles moi graves, que requiren dunha reparación inmediata polo perigo