
Silvia Longueira reivindica que os avances nas políticas progresistas “sempre viñeron da man do PSOE”
A portavoz de Lingua, Cultura, Mocidade, Voluntariado e LGTBI do Grupo Socialista, Silvia Longueira, encabezou a delegación socialista na manifestación convocada en Santiago en contra da transfobia e pola visibilidade Trans. Longueira reivindicou “os dereitos e a liberdade de expresión” das persoas tras e lembrou que “os avances nas políticas progresistas sempre viñeron da man do PSOE”.
A responsable socialista subliñou o apoio dos socialistas galegos á mobilización convocada hoxe “para visibilizar a súa problemática e reclamar as liberdades do colectivo LGTBI”. Longueira asistiu á mobilización na que tamén participaron a parlamentaria socialista Patricia Iglesias, o deputado autonómico e secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, e cargos públicos e orgánicos do partido.