

Elena Espinosa mantén un encontro na Cámara Autonómica co sindicato SESNNLLE de representantes destas traballadoras que constitúen un piar fundamental na atención sanitaria
A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, comprometeuse hoxe a levar ao Parlamento a necesidade urxente do reforzo das plantillas de Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría -TCAE-. A responsable socialista mantivo un encontro na Cámara Autonómica co sindicato Sin Nosotros No Late la Enfermería -SESNNLLE-, que representan a un colectivo que é un piar fundamental na atención sanitaria.
Espinosa recibiu as demandas destas traballadoras, que presentará en forma de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Consellería de Sanidade que reforce unha plantilla sobrecargada nunhas condicións precarias con xornadas maratonianas que inciden no deterioro da calidade asistencial. Ademais, reclaman o recoñecemento profesional da categoría C1 e a actualización das súas funcións dentro do sistema no coidado directo das persoas usuarias.
A responsable socialista reclámalle ao Sergas que atenda ás necesidades deste persoal, que está a traballar nunhas condicións inasumibles e posúe necesidades específicas que pasan pola mellora organizativa e estrutural das súas funcións no ámbito sanitario. Salientou ademais as dificultades na adaptación dos postos de traballo en situacións de risco que se repiten no seu día a día.