A deputada Silvia Longueira explica que “o que precisa a cidadanía é información veraz sobre a intensidade dos incendios, os medios dispoñibles, a quen lle corresponde a súa xestión e cales son as responsabilidades, non a propaganda política que vemos cada día”
Lembra que as críticas á cobertura non veñen só dos e das socialistas. O Comité Intercentros da CRAG, que representa aos traballadores e traballadoras do ente, fixo público onte un comunicado no que esixe o cesamento dos responsables de InformativosO secretario xeral do PSdeG visitou varios puntos da provincia que desde hai días padecen “unha vaga de lumes devastadora”, entre eles, o concello de Maceda
A deputada socialista Silvia Longueira vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para reclamar explicacións sobre o tratamento informativo que a CRAG (Corporación de Radio Televisión de Galicia) está a facer dos incendios.
Segundo advertiu, o que se está vendo ata o de agora por parte da TVG é unha cobertura “sesgada, insuficiente e que non responde á gravidade da situación”. Longueira lembrou que a televisión pública comezou por minimizar os lumes e, lonxe de cumprir co seu deber de servizo público, confunde á cidadanía sen aclarar que as competencias na loita contra os incendios corresponden ao Goberno galego, ao tempo que centra as críticas en Pedro Sánchez. Ademais, continúa a ofrecer un desfile de cargos do PP, preocupándose máis por sacar imaxes de Rueda ou Feijóo que en informar con rigor.
“O que precisa a cidadanía é información veraz sobre a intensidade dos incendios, os medios dispoñibles, a quen lle corresponde a súa xestión e cales son as responsabilidades, non a propaganda política que vemos cada día”, sinalou.
O persoal da CRAG tamén denuncia manipulación
As críticas á cobertura non veñen só do ámbito político. O Comité Intercentros da CRAG, que representa aos traballadores e traballadoras do ente, fixo público onte un comunicado no que esixe o cesamento dos responsables de
Informativos polo abandono do servizo público nos maiores incendios da historia de Galicia. No escrito, o comité acusa á dirección de “non estar á altura nun momento de extrema emerxencia no que a poboación agardaba que os medios públicos fosen fonte de información de referencia”.
Critican que a TVG limitouse a emitir información “en bucle” e “con escasos especiais informativos”, cun único obxectivo: “disfrazar a nefasta cobertura realizada para xustificarse no Parlamento”.
Os representantes do persoal afirman que estas xornadas “foron días de sentir vergoña, impotencia e carraxe pola desidia e irresponsabilidade dos seus superiores” e consideran que a situación actual da Corporación é un auténtico “desastre que debe ser revertido para recuperar o orgullo de traballar na radiotelevisión galega”.
Esixencia de responsabilidade e transparencia
Por todo, o Grupo Socialista reclama que a dirección da CRAG rectifique e que centre a súa programación informativa en ofrecer datos reais e útiles para a cidadanía, tanto sobre a evolución dos incendios como sobre os medios mobilizados e as medidas adoptadas polas administracións.
“A información pública é un dereito democrático básico. Usar a TVG como un escaparate do PP é poñela ao servizo dun partido e non da cidadanía. Galicia merece unha televisión pública que informe con rigor, que poña o foco nas persoas afectadas e que funcione como un instrumento de cohesión e confianza colectiva”, sinalou Silvia Longueira, quen lamentou que dende a TVG “fagan todo o contrario”.