
A parlamentaria autonómica Lara Méndez participa na protesta para apoiar a denuncia do persoal de falta de material e recursos no servizo de Urxencias
A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, participou hoxe na concentración de traballadores e traballadoras do Hospital Universitario Lucus Augusti -HULA- para apoiar a denuncia do persoal de falta de material e de recursos no servizo de Urxencias neste centro sanitario.
A responsable socialista apoiou as demandas do persoal que está a alertar das condicións de traballo inasumibles e que redundan na calidade do servizo sanitario aos lugueses e luguesas que, dixo, merecen unha sanidade pública de calidade en igualdade de condicións co resto de Galicia.