Patricia Iglesias defende facer valer a realidade da dispersión e o avellentamento e maior autonomía fiscal sen saír do modelo común
A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, advertiu hoxe que a estratexia de Rueda do “non polo non” para facer “seguidismo do bloqueo” por parte de Feijóo ameaza con deixar a Galicia “sen voz” no debate do modelo de financiamento. A responsable socialista sinalou que Galicia “ten que estar presente con autonomía” para facer valer a posición propia.
A responsable socialista criticou que as únicas propostas postas enriba da mesa polo PP galego teñan sido o bloqueo do diálogo co Estado, negarse a recibir 4.010 millóns de euros de quita da débeda e o “populismo fiscal” para “quitarlle recursos a tódolos galegos e galegas para baixarlle impostos aos máis ricos”.
Criticou o cinismo do PP, que co discurso do agravio a Galicia esquecen que esta Comunidade Autónoma recibiu cos gobernos de Pedro Sánchez 18.300 millóns de euros máis que con Rajoy, un 40 por cento máis de fondos.
Iglesias propuxo “entrar no debate para facer valer a nosa realidade” e que se recoñeza que a dispersión poboacional e o avellentamento encarecen os servizos públicos, unha situación que ten que ser recoñecida no reparto de recursos. Fonte ao “non a todo” do PP, defendeu unha “autonomía fiscal responsable”, coa participación de Galicia na xestión de impostos pero sen saír do modelo común, o que “sería un erro e iría en contra dun modelo solidario que beneficia a Galicia”.