Lara Méndez denuncia uso clientelar e caciquil das partidas entre asociacións afíns para “apartar” aos alcaldes da xestión
A viceportavoz segunda do Grupo Socialista, Lara Méndez, afeoulle hoxe á Xunta que empregue as primeiras comparecencias nas comisións do Parlamento para dar conta de 4 millóns de euros de axudas a asociacións veciñais canto “Galicia ten pasado a peor crise de incendios forestais do século”. Na Comisión de Política Institucional criticou que non teñan comparecido para presentar propostas para reverter a situación nos montes galegos.
Afeoulle ao goberno galego que convoque esta comparecencia sobre fondos a asociacións veciñais, pero eviten dar conta da xestión dos incendios forestais mentres ata 4 ministros compareceron a semana pasada no Senado. Criticou que no canto de vir dar conta ao Parlamento, convocaran onte un “paripé” de reunión con alcaldes e alcaldesas aos que “non deixaron falar”, e que tiveron que asistir a un “monólogo” do presidente da Xunta.
Méndez desmentiu ademais que estas axudas permitiran manter o rural vivo e fixar poboación, como dixo a directora xeral, cando supoñen unha mostra máis do “abandono do rural” por parte do PP no goberno galego. “Hai que ter bemoles”, resumiu logo de lembrar as declaracións do propio Alfonso Rueda minimizando a maior vaga de lumes do século en Galicia ao dicir que só arderan “matorrais e pedras” e “poucas casas habitada”, cando “foron centos, e aínda que fora unha sola”.
Explicou que estas partidas, que foron presentadas no Parlamento pola directora xeral de Administración Local, están a empregar de maneira “clientelar e caciquil” entre asociacións afíns, que se benefician dunhas partidas que están a medrar cada ano, ao contrario das axudas para o Plan de camiños ou o Fondo de Cooperación Local.
Apartar aos alcaldes
Lara Méndez acusou á Xunta de empregar as axudas ás asociacións veciñais para “apartar” aos alcaldes da xestión e “suplir á Xunta nas obras e actuacións que debera facer en saneamento e abastecemento” e evitar así colaborar cos rexedores doutra cor política. Acusounos de “visitar aos seus amigos e manter o control para seguir utilizando unha administración de xeito partidista”.
Esixiu un reparto “máis equitativo e xusto” destes 4 millóns de euros de axudas, que reparten en 454 actuacións a dedo, con “colectivos ou entidades que levan varias axudas mentres outras quedan fóra”. Criticou que “non lles interesa o rural máis que para facer un uso partidista e clientelar”, incrementando partidas “pero non para facer camiños rurais, brigadas forestais ou para incrementar os fondos para os concellos”,