Silvia Longueira alerta de que a Política o Goberno galego leva camiño de converter á lingua “na lamprea: un fósil de 470 millóns de anos que só aparece unha vez ao ano”
O Parlamento aproba parcialmente unha proposta socialista para reclamarlle á Xunta impulso do galego entre a mocidade e incrementar o contido audiovisual nesta lingua na CRTVG e no mundo dixital
A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Silvia Longueira, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de situar á lingua no camiño de converterse “na lamprea: un fósil de 470 millóns de anos que só aparece unha vez ao ano”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara parcialmente unha proposta socialista na Comisión de Lingua, precisamente os apartados que reclamaban un novo Plan de Normalización e invalidar o decreto do Plurilingüísmo.
A responsable socialista esixiulle ao goberno galego “máis estratexia e máis recursos” para desfacer o dano que lle fixeron ao galego dende que aprobaron o decreto do Plurilingüismo en 2009, ata o punto de que por primeira vez é menos coñecida que o castelán en Galicia. Sinalou que “non sei como serán os Orzamentos, pero non temos moito que facer se non aumentan os recursos para política lingüística e unha boa estratexia no sistema educativo”.
Do contrario, dixo, o galego rematará sendo un “referente fotográfico fósil” como o coñecido peixe que só reaparece “cando imos todos a Arbo a comela”. Por iso criticou que negaran os puntos da iniciativa que reclamaban recuperar o consenso para elaborar un novo Plan Xeral de normalización de consenso cos partidos e asociacións da lingua, invalidando o decreto do Plurilingüísmo na ensinanza non universitaria que aprobaron en 2009.
Tampouco apoiaron o apartado dirixido a promocionar o mundo musical en galego, apoiando aos creadores nesta lingua, ademais de promocionar festivais de música e concertos na televisión pública.
O PP si que apoiou sen embargo os apartados da iniciativa que reclaman políticas lingüísticas como as do Plan de Dinamización da Lingua na Mocidade, dirixidas sinaladamente á mocidade, e incrementar o contido audiovisual na lingua cooficial tanto na CRTVG como no mundo das redes sociais, dos creadores de contido en galego e das disciplinas científico – técnicas.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a: