Patricia Iglesias sinala que o ano pasado Galicia deixou de recadar outros 107 millóns de euros de beneficios fiscais das rendas máis altas
A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, advertiu hoxe que o goberno de Rueda está incrementando as rebaixas de impostos aos máis ricos, continuando e mesmo acelerando a práctica iniciada por Feijóo. Así o dixo durante a comparecencia no Parlamento da directora da Axencia Tributaria de Galicia, onde Iglesias criticou que pidan máis recursos ao Estado mentres recortan os ingresos por estes beneficios fiscais.
A responsable socialista acusou aos de Rueda de “imitar cada vez máis o dumping fiscal agresivo das autonomías do PP encabezadas pola presidenta de Madrid”, e alertou da necesidade de recuperar o “necesario equilibro na balanza fiscal entre ingresos e gastos”. Iglesias criticou que “continúen e mesmo agraven” a tendencia de Feijóo de reducirlle impostos ás rendas máis altas, sinaladamente con deducións do imposto de Patrimonio.
Explicou que mentres o Consello de Contas, no seu informe xeral do exercicio de 2023, cifraba os beneficios fiscais en 583 millóns de euros, este mesmo ano Iglesias sinalou que as arcas galegas recadarán outros 107 millóns euros menos con respecto do ano anterior. Ademais, alertou de que a día de hoxe a Xunta non sabe se cumpren os obxectivos das rebaixas, e reclamou un cálculo do seu impacto sobre os servizos públicos básicos de sanidade, educación e servizos sociais.
Iglesias apoiou o incremento dos traballos de inspección e loita contra o fraude fisal, e puxo o acento sobre o descontrol dos dereitos pendentes de cobro por parte do goberno galego, o que supón que, resumiu, “temos débedas metidas no caixón e non podemos calcular o que se lle adebeda a Galicia polos suxeitos pasivos da Axencia Tributaria.