Silvia Longueira chama a recuperar o papel dinamizador do galego da educación, a televisión e as plataformas dixitais
A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Silvia Longueira, reclamoulle ao goberno galego a recuperar o papel da educación, a televisión e as plataformas dixitais para impulsar á lingua galega. Na comparecencia do secretario xeral de Lingua na Comisión de Educación do Parlamento, Longueira acusou á Xunta de “dinamitar” estas “ferramentas” ata facer da lingua “un cero á esquerda”.
A responsable socialista A parlamentaria socialista responsabilizou en primeiro lugar ao goberno galego de ter convertido á TVG nunha “plataforma de propaganda na que o galego non é o fundamental nin é o seu obxectivo”, incumprindo o seu estatuto constitutivo. Lamentou que deixara de ser “o motor” da lingua galega, esquecendo o papel para o que fora deseñada e acusou ao PP de ter “desprestixiado e botado pola fiestra” un dos principais impulsores da lingua galega.
Acusou ao PP e ao goberno galego de “pervertir” o consenso a prol da lingua dende que o actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, se puxo “detrás da pancarta” de Galicia Bilingüe en 2009. Aquel xesto, dixo, derivou na imposición do Decreto do Plurilingüísmo e a estratexia política do PP de “darlle lume e queimar as naves” para evitar calquera tipo de acordo a favor do galego.
Neste sentido, o profesorado atópase agora nun “lugar baleiro” dende o que teñen imposible “atender a un ensino integral da lingua galega” pola decisión unilateral do PP de “revolver” o sistema educativo “onde non había un problema” facendo caer “unha maldición” sobre a lingua que arrastrou ao “decaemento de todo o sistema educativo de Galicia per se”.
Finalmente, sinalou a importancia de impulsar a presenza do galego nas plataformas dixitais, nas que “estamos na última posición” e cando nas plataformas de aprendizaxe de linguas “o galego nin sequera aparece”. Chamou ao goberno galego a viaxar “máis alá da Odisea 2001”, e tomar en serio o impulso do galego nas novas ferramentas de comunicación.
O galego en Europa
Longueira Puxo en valor a iniciativa do PSdeG aprobada por unanimidade no último Pleno do Parlamento para impulsar a declaración do galego como lingua oficial en Europa como “única medida que apoia a divulgación da lingua a nivel internacional.
Emprazou ao PP a acadar que sexa secundada en Europa para abrir a porta á entrada de proxectos audiovisuais en galego na UE e comezar a cumprir o mandato comunitario de protección das linguas minoritarias que a Xunta está a incumprir.