Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Noa Díaz urxe á Xunta a que cumpra o acordo aprobado por unanimidade no Parlamento para que a Hospitalización a Domicilio chegue a Rianxo no primeiro trimestre deste ano

Di que “non se pode consentir” que o Sergas adíe a posible implantación deste servizo ao primeiro semestre, “mantendo a discriminación ás persoas doentes de Rianxo e ás súas familias” máis alá do límite temporal marcado pola Cámara autonómica

A deputada socialista Noa Díaz vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para instar á Xunta a que estenda o servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO) ao concello de Rianxo no primeiro trimestre deste ano, tal e como se acordou no Parlamento de Galicia. Así o demandou esta mañá nese municipio, nunha comparecencia ante os medios de comunicación, na que estivo acompañada pola voceira socialista en Rianxo, María del Carmen Figueira.

Noa Díaz lembrou na súa intervención que a Comisión de Sanidade respaldou por unanimidade o pasado mes de decembro unha proposta socialista na que se marcaban os tres primeiros meses de 2022 como límite temporal para que o HADO chegase a toda a área sanitaria de Santiago e Barbanza, incluíndo por fin ao concello de Rianxo.

Con todo, a parlamentaria do PSdeG alertou de que o Sergas está a ampliar ese horizonte temporal nas respostas ás reclamacións que está suscitando a veciñanza do municipio individualmente a través da plataforma de queixas. Así, nesas comunicacións, o Sergas indica que “confiamos en que moi pronto, previsiblemente no primeiro semestre de 2022, toda a área sanitaria de Santiago e Barbanza poida gozar deste servizo”.

Ante este cambio, Noa Díaz afirmou que “non se pode consentir que, xusto un mes despois de que se aprobase a proposta socialista por unanimidade, o Sergas estea hoxe dicindo que o fará previsiblemente no primeiro semestre”. “Comprometéranse a facelo no primeiro trimestre”, subliñou, “e, polo tanto, as persoas doentes de Rianxo e as súas familias non poden soportar máis tempo esta discriminación asistencial, á que dende o grupo socialista non lle atopamos sentido nin dende logo ningunha motivación”.

Por iso, pregúntalle á Xunta cales son os impedimentos concretos para que o Sergas non garanta a cobertura do servizo de HADO ao concello de Rianxo dentro do horizonte temporal que se acordou no Parlamento de Galicia. Asemade tamén pide explicacións sobre por que o Sergas anuncia que “previsiblemente” será no primeiro semestre e se, en consecuencia, esta medida pode demorarse aínda máis.

A deputada socialista advirte do “prexuízo” que están a causar ás persoas doentes e ás familias do concello de Rianxo, o que motivou a posta en marcha do movemento “Hado para Rianxo, Hado para todos” co obxectivo de reclamar unha solución urxente a esta falla de calidade asistencial para os rianxeiros e rianxeiras. Ao mesmo tempo, apuntou que a situación é máis grave tendo en conta que o propio presidente da Xunta asegurou en 2019 asegurou que o HADO estaría implantado en todo o territorio galego en 2021.

A responsable socialista lembrou ademais que o Plan Galego de Hospitalización a Domicilio fixaba 2023 como data para chegar a toda a poboación galega, pero xa sobrepasado o ecuador do programa “na actualidade existen diferenzas entre as áreas sanitarias do país”. Apunta que mentres algunhas delas xa teñen a implantación completa, na de Santiago e Barbanza limítase a unha área de 25 quilómetros da Unidade, deixando fora a Rianxo.

Este concello está a 32 quilómetros de Santiago de Compostela e 28 de Ribeira, superando por escasos 3 ou 7 quilómetros os citados 25 quilómetros para recibir este servizo polo que, dixo, “non podemos crer que a razón sexan eses 3 ou 7 quilómetros”. Lembra que o Concello, o 51 máis poboado de Galicia, carece dun servizo co que si contan Santiago, Ames, Padrón, Dodro, Boiro, A Pobra, Ribeira e Porto do Son nesa área.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08