

A viceportavoz segunda do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Lara Méndez, comezou a intervención logo da Xunta de Portavoces do Parlamento sinalando que as informacións sobre presunto acoso sexual en Lugo “non só nos producen tristeza senón repugnancia” e anuncia un “pronunciamento contundente” por parte do PSdeG. Méndez denunciou hoxe a nova “pinza de complicidade” entre PP e BNG para impedir que Besteiro poida exercer as preguntas ao presidente que lle corresponden. A responsable socialista
Sobre os asuntos tratados na Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana, Méndez criticou que o próximo Pleno do Parlamento non terá pregunta ao presidente por parte do portavoz do Grupo Socialista, unha situación que, lembrou, nunca se deu cando era o BNG o que tiña mesmo menos deputados dios que hoxe teñen os socialistas galegos. A responsable socialista lembrou que “sempre estivemos de acordo” coa súa participación nas sesións de control en condicións de igualdade.
Emprazou ao PP e ao BNG a aceptar unha solución “extremadamente sinxela”, que pasa por ampliar en 11 minutos un Pleno por cada período de sesións, que é o tempo que dura facer unha pregunta ao presidente.
O Pleno ordinario da próxima semana, que comezará despois do Pleno de Orzamentos, incluirá unha interpelación do Grupo Socialista para que a conselleira do Medio Rural dea conta do incumprimento por parte da Xunta da normativa estatal que obriga a ter presentado o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais -Pladiga- antes do 31 de outubro.
Méndez sinalou que este feito demostra que “non teñen aprendido nada” da vaga de incendios do pasado verán, e sinalou que “mentres non tomen en serio dunha vez as políticas de prevención contra os lumes Galicia seguirá indefensa” fronte a esta lacra.
Tamén presentarán unha moción para reclamarlle ao PP que rexeite de maneira “clara e contundente” o proxecto de Altri polo incumprimento dos requisitos de sustentabilidade ambiental, económica, técnica e social. No apartado de proposicións non de Lei, levarán unha proposta para que a Xunta inicie os trámites para adxudicar o segundo tramo da autovía da Costa da Morte que conecta Baio con Vimianzo e Berdoias.
Lara Méndez anunciou unha proposición non de Lei para que a Xunta cumpra co seu compromiso con Lugo e execute da man do Concello e do Goberno estatal a rehabilitación do Cuartel de San Fernando como Museo da Romanización.
Sanidade concertada
A responsable socialista explicou que os socialistas galegos presentarán unha pregunta urxente para que o conselleiro de Sanidade dea conta dos mecanismos de control para garantir a calidade asistencial nos centros concertados. Sinalou que esta proposta foi presentada logo das últimas informacións coñecidas sobre a xestión destes centros, que “poden xerar desconfianza entre as persoas que necesitan atención”.
Finalmente levarán dúas preguntas en materia de educación pública, sinaladamente sobre as necesidades en materia de educación inclusiva dos centros da área metropolitana da Coruña e para reclamarlle ao conselleiro que repoña a praza de profesor de Pedagoxía Terapéutica que ata este curso viñan compartindo o CEIP Avelino Cachafeiro, de Forcarei, e o CEIP de Cerdedo.