Denuncia que as medidas da Xunta de compatibilidade entre a pública e a privada facilitan que esta parasite o sistema público
Lembra que a relación de parentesco coincide con que a curmá de Feijóo sexa a xerente máis discutida da historia, e a irmá dirixe a maior concesionaria de servizos do Sergas
O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, advertiu hoxe no Parlamento que resulta “dificilmente xustificable dende o punto de vista ético e estético” que o irmá da xerente do Sergas presida a patronal dos hospitais privados. Así o dixo na comparecencia en Comisión de Estrella López – Pardo para dar conta desta situación, que segundo Torrado, “dado o seu cargo, esixe unha esaxerada demostración de honorabilidade” e de cumprimento coa norma.
O responsable socialista esixiulle á responsable do Sergas que sexa “especialmente transparente” por esta situación que, advertiu, coincide con que a curmá de Feijóo sexa a xerente da área sanitaria de Santiago, coa xestión “máis discutida da historia”, e que a súa irmá dirixa a maior concesionaria de servizos do Sergas.
Criticou que a xestión do goberno galego estea encamiñada a “beneficiar á privada” facilitando que “parasite” á pública, pero que “non resolve un só problema” do sistema sanitario autonómico. Aludiu así á decisión do goberno galego de flexibilizar a compatibilidade dos facultativos que traballan no Sergas para facilitar a súa actividade privada, “facilitando que obteñan máis clientela”, o que o paciente “nunca é capaz de entendelo”.
Dixo que estas decisións “facilitan a situación da privada”, mentres de paso “sacan de enriba un problema de críticas” dende os profesionais do sistema, pero que “no resolve un só problema” dos pacientes da sanidade pública. Resumiu graficamente que “se camiña como un pato, a lo menos intenten que non pareza moito un pato, e non se queixen de que a xente diga que é un pato”.
Denunciou o “desgoberno absoluto” da xestión sanitaria mentres a xerente explica as súas relacións familiares e se preocupa de flexibilizar a “pasarela” coa privada. Reclamou “moito coidado coas decisións” mentres a sanidade pública recibe a diario cartas de queixas dos profesionais, dimisións en bloque que non se cobren, diferenzas entre os profesionais e a dirección sen responder.
Como exemplo, citou a comparecencia do conselleiro de Sanidade, que hai un mes dicía que renunciaban a convocar 29 prazas de enfermaría de medicina familiar “porque sobran enfermeiras”, para que despois a responsable de Recursos Humanos alertada que “fallan enfermeiras nas facultades”.